Consorcio Interuniversitario de Galicia

Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia

2022, Cambio nas datas dos cursos de Azure Fundamentals e Azure Administrator
Cambio nas datas dos cursos de Azure Fundamentals e Azure Administrator
Formación
25/04/2022

INFÓRMASE QUE OS CURSOS DE AZURE FUNDAMENTALS E AZURE ADMINISTRATOR CAMBIAN A SÚA DATA DE REALIZACIÓN

 

Continuando co calendario da formación que o CIXUG e as tres universidades galegas ofrecen ao seu persoal, os seguintes cursos a impartir eran:

  • AZ-900: Microsoft Azure Fundamentals
  • AZ-104: Microsoft Azure Administrator

Ambos cursos, dirixidos ao persoal TIC e impartidos pola PUE (Proyecto Universidade Empresa S.L.) abarcan ensinanzas e aportan coñecementos sobre computación na nube, así como os seus modelos e servizos en nube pública, privada ou híbrida. Ademais, trataranse solucións e servicios, tanto a nivel básico como xa máis especializado, de Azure con conceptos relacionados coa seguridade, privacidade, compliance, redes e maquinas virtuais, tráfico de rede, almacenamento e copias de seguridade, entre outras.

Estes cursos tiveron unha gran demanda e acollida, o que propiciou un cambio nas datas de impartición, para que todo o persoal matriculado puidese facer un mellor aproveitamento e xa de paso contar con un grupo privado, exclusivo para o CIXUG.

Con todo isto, confírmase que os cursos de Azure quedan do seguinte xeito:

  • AZ-900: Microsoft Azure Fundamentals: unha sesión de 6 horas a realizar o venres 29 de abril en horario de 09:00 a 15:00 h, con grupo privado para o CIXUG, formado polas 21 persoas anotadas pertencentes a Universidade de Vigo e a Universidade de A Coruña.
  • AZ-104: Microsoft Azure Administrator: 5 sesións de 6 horas a realizar na semana do 23 ao 27 de maio (de luns a venres) en horario de 09:00 a 15:00 h, con grupo privado para o CIXUG formado por 16 persoas pertencentes a Universidade de A Coruña e a Universidade de Vigo.

Os cambios xa se encontran actualizados nos catálogos dos cursos, situados na parte de "Formación" da páxina web.

MS-Certify

Ver outras noticias....

Aberto o prazo de inscrición na quinta edición do Programa Xuventude Mentoring
Diego Barreiro é o novo gañador do Premio ao mellor traballo universitario libre.
Amplíase ata o 13 de outubro o prazo de inscrición no Premio ao mellor traballo universitario libre
Difusión do Software Libre entre as novas xeracións das universidades galegas
Scroll ao inicio