Consorcio Interuniversitario de Galicia

Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia

11a5, CI. Misión
Visión
“Converternos nunha referencia nacional na incorporación das mellores prácticas nos procesos de xestión universitaria, apalancados con aplicacións informáticas que engadan o maior valor a todos os usuarios dos servizos das nosas universidades; incorporando de xeito oportuno, a nova normativa e lexislación que apliquen ao sector universitario, adaptando todo o modelo de prestación dos servizos ás esixencias do novo marco de administración electrónica”.
Misión
“Realizar un desenvolvemento ou contratación de aplicacións ou servizos de xeito coordinado, planificado, negociado e acordadohomologando os procesos ás mellores prácticas identificadas das novas aplicacións informáticas ou a incorporación de aplicacións  e servizos xa existentes no mercado, en todos os ámbitos de interese do sistema universitario galego. Permitindo, tamén, levar adiante proxectos de interese, no ámbito universitario,  para o sistema universitario galego e outras institucións locais,  autonómicas e nacionais. Fomentando en todo momento o uso de ferramentas libres tanto para a xestión interna das universidades, como do resto da comunidade universitaria”.
Scroll ao inicio