Consorcio Interuniversitario de Galicia

Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia

Breve historia

2006

Creación

O convenio de colaboración entre a UnJiversidade de Santiago de Compostela e a Universidade da Coruña culminou na constitución do Consorcio para o desenvolvemento de aplicación de xestión universitaria. Foi asinado en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 2006 polas Universidades de Santiago de Compostela e da Coruña, publicándose o 19 de abril no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 75).
Universidade de Santiago de Compostela aporta ao CIXUG a propiedade e os desenvolvementos feitos da aplicación de Xestión Académica, Xescampus para o uso dos socios.

2007

UDC instala a solución Xescampus

Durante o transcurso do ano 2007, a Universidade da Coruña instala a aplicación Xescampus nos seus dous campus: Coruña e Ferrol.

2009

UVI incorpórase ao CIXUG

O día 4 de maio do ano 2009, a Universidade de Vigo incorporase ao CIXUG como membro permanente e activo.
A Universidade de Vigo aporta ao CIXUG a propiedade e os desenvolvementos feitos na aplicación de Xestión de Investigación SUXI para o uso dos socios.

2010

UVI instala a solución Xescampus

Durante o transcurso do ano 2010, a Universidade de Vigo instala a aplicación Xescampus nos seus tres campus: Pontevedra, Ourense e Vigo.

2011

UDC instala a solución SUXI

Durante o transcurso do ano 2011, a Univesidade da Coruña instala un dos módulos da aplicación SUXI destinado a Xestión curricular dos Investigadores (SUXI/XC)
Scroll to Top