Consorcio Interuniversitario de Galicia

Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia

411, Premio fin de grao

Premio ao mellor traballo universitario libre

2023

Libera o teu traballo de fin de grao ou traballo de fin de mestrado
con licenza libre e participa!

Ata o 6 de outubro

Presentación

O Premio ao mellor traballo universitario libre ten como obxectivo o fomento e o achegamento dos universitarios galegos ao software libre, incrementando o coñecemento que estes teñan sobre este tipo de tecnoloxías e en consecuencia abríndolles as portas a novas posibilidades de emprego de calidade relacionado coas tecnoloxías da información e da comunicación.

Pode optar a este premio calquera estudante do Sistema Universitario Galego que teña defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira, Traballo de Grao ou Traballo de Fin de Mestrado Universitario, cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias do curso académico 2022-2023, que cumpra cos criterios definidos nas bases do premio.

Prazo e requisitos de inscrición

Os estudantes interesados en participar neste premio deben seguir os pasos indicados nas bases do premio antes da data límite (6 de outubro).

Orixe do premio

Este premio ten a súa orixe no ano 2007 da man da empresa galega Igalia, quen ao detectar unha importante carencia de profesionais cunha alta especialización neste área decidiu poñer o seu gran de area para reducir esa falla poñendo en marcha este premio.

Dende o curso 2011-2012 este premio forma parte do Plan de Acción en materia de Software Libre da Amtega, para o que conta coa colaboración e apoio dos distintos axentes do ecosistema do software libre galego dentro da estratexia global e integradora transversal a todas as actuacións de dito Plan de Acción.

Dende o curso 2012-2013 a Oficina de Software Libre do CIXUG encargase da organización do premio dada a súa integración no Sistema Universitario De Galicia e sendo o estudantado universitario os seus destinatarios, o que permite incrementar o achegamento aos estudantes.

Bases

A Oficina de Software Libre (OSL) do Consorcio CIXUG, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) convoca unha nova edición do Premio ao mellor traballo universitario libre que se rexerá polas seguintes bases de participación.

Obxectivos

O Consorcio CIXUG convoca este premio dentro das liñas de actuación para mellorar e potenciar os mecanismos de formación e difusión do Software Libre na comunidade universitaria.

O obxectivo da convocatoria deste premio é o fomento e o achegamento dos universitarios galegos ao software libre, de xeito que poida incrementar o coñecemento que estes teñan sobre este tipo de tecnoloxías, e en consecuencia abrirlles as portas a novas posibilidades de emprego de calidade relacionado coas tecnoloxías da información e da comunicación, xa que ademais das cuestións éticas e de compartición do coñecemento relacionadas co Software Libre, este constitúe un área de traballo en crecemento.

Con esta iniciativa, a OSL do CIXUG desexa continuar premiando o labor que están a realizar os universitarios galegos á vez que se pon en valor o traballo que realizan durante o seu Traballo de Fin de Grao ou Traballo de Fin de Mestrado Universitario.

A Amtega e a OSL dan así continuidade dende o ano 2012 á iniciativa promovida pola empresa Igalia nas edicións anteriores dende o ano 2007 co obxectivo de darlle un novo pulo ao premio.

Participantes

Poderá participar no premio calquera estudante matriculado nalgunha das titulacións de enxeñería ou enxeñería técnica, titulacións de grao ou mestrado do Sistema Universitario Galego, que teña presentado e defendido o seu Traballo de Fin de Grao ou Traballo de Fin de Mestrado cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias do ano académico 2022-2023, ben sexa ordinaria ou extraordinaria, sempre que o proxecto fose avaliado antes da data límite. 

Ademais para poder participar neste premio o traballo deberá cumprir os seguintes requisitos:

  • Que sexa realizado cunha implementación libre de calquera linguaxe de programación.
  • Que o software desenvolvido durante o mesmo teña unha licenza libre entre as recoñecidas como tal pola Free Software Foundation ou a Open Source Initiative.
  • Que o código fonte do traballo universitario se atope dispoñible nun repositorio público para que se poida descargar e estudar.

Tamén poden participar os proxectos que, cumprindo os requisitos previos, sexan realizados utilizando hardware libre.

Inscrición

O prazo de inscrición para participar no premio remata o 6 de outubro de 2023.

Os pasos necesarios para presentar o traballo ao premio son os seguintes e deberán realizarse antes da data límite de inscrición:

  • Encher o formulario de inscrición.
  • Entregar unha memoria (máximo 10 páxinas) explicativa dos aspectos específicos do Software Libre e actividade pública do proxecto. Pode empregarse este guión para a súa realización, e entregarse no propio formulario de inscrición, ou por correo electrónico antes do peche do prazo de inscrición.

Premios

O Premio ao mellor traballo universiario libre terá unha dotación económica inicial global de 1.500€. Ademais, se o xurado o considerase adecuado, podería concederse tamén un segundo premio.

Está previsto que se poida ampliar esta dotación económica inicial ata un máximo de 750€ máis, en colaboración con outros axentes do ecosistema de software libre no ámbito universitario; en calquera caso, o importe global distribuirase de maneira que a cantidade correspondente ao mellor Proxecto duplique a contía correspondente ao segundo premio.

O premio poderá ser declarado deserto no caso de que ningún dos presentados reúna, segundo a opinión do xurado, a calidade mínima necesaria.

Xurado e criterios de avaliación

O xurado do premio estará composto por:

  • Xunta de Galicia (2 persoas): Representante da AMTEGA ou persoa na que delegue e Responsable da Oficina de Coordinación de Software Libre ou persoa na que delegue.
  • Universidades galegas (3 persoas): os directores/decanos das tres escolas/facultades de informática, ou a persoa na que deleguen.
  • Asociación GPUL (1 persoa): Presidente da asociación GPUL ou persoa na que delegue.

O xurado, á hora de tomar a súa decisión, terá en conta os seguintes aspectos:

  • Nivel de actividade pública do traballo. Valorarase a publicación continúa do traballo, ben sexa utilizando as listas de correo dun proxecto existente, repositorios públicos de código fonte ou calquera outro medio web, coma por exemplo blogs persoais; a colaboración con outros proxectos de software libre, a creación de comunidade, etc.
  • Uso axeitado dunha licenza libre: valorarase a correcta elección dunha licenza libre e posterior aplicación da mesma ao código do proxecto.
  • Calidade do proxecto: deseño e implementación.

Hai que recordar que este premio non trata só de recompensar a un proxecto tecnicamente bo, senón a un bo proxecto de software libre.

Resolución do premio

Unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas, o xurado fará unha primeira avaliación dos proxectos presentados, e poderá, en función do número de participantes, facer unha selección dos finalistas que acudirán ao acto de resolución do premio.

O acto de resolución do premio terá lugar previsiblemente durante a tarde do venres 20 de outubro, onde os finalistas terán que realizar unha breve presentación ante o xurado, do traballo realizado no seu proxecto, facendo especial fincapé nos aspectos do seu proxecto relacionados co Software Libre, dos logros acadados, das perspectivas de futuro.

O xurado terá a posibilidade de realizar as preguntas que estime oportunas a cada un dos finalistas logo de realizadas as súas presentacións. En base a isto o xurado deliberará e emitirá a súa resolución respecto da concesión do premio.
A decisión do xurado será inapelable. O feito de presentar a candidatura ao premio supón a aceptación expresa destas bases.
O lugar e hora de celebración deste acto será anunciado con anterioridade a través do correo electrónico dos participantes.

Formulario de inscrición

Para poder participar no Premio ao mellor traballo universitario libre na súa edición do ano 2023 é necesario encher o seguinte formulario. De xeito opcional pode enviarse a memoria co resumo do traballo presentado.

Ao enviar o formulario de inscrición acepta expresamente as Bases que regulan o presente premio.

Click or drag a file to this area to upload.
Scroll ao inicio