Consorcio Interuniversitario de Galicia

Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia

Inscrición V Ed., Mentoring
Aberto o prazo de inscrición na quinta edición do Programa Xuventude Mentoring
Xuventude Mentoring
05/02/2024

AO ABEIRO DO PROGRAMA DE FORMACIÓN E MENTORING DO CIXUG E A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

Queda aberto o prazo para o envío de solicitudes do que será a nova edición do Programa Xuventude Mentoring. As persoas mozas de entre 18 e 30 anos inscritas e beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que teñan cursado estudos universitarios de grao/posgrao, formación profesional de grao superior ou estudos superiores nas ensinanzas de réxime especial e que desexen contar con apoio profesional e asistencia de persoas mentoras con experiencia para enfocar o seu desenvolvemento cara o mercado laboral, tanto por conta allea como por conta propia (consultar excepcións nas bases do programa) poden inscribirse na quinta edición do programa dende hoxe, 5 de febreiro ata o día 1 de marzo, cunha oferta para esta edición de 250 participantes.

Xuventude Mentoring é un programa integral de formación e mentoring promovido pola Conselleria de Política Social da Xunta de Galicia en colaboración co Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria (CIXUG), para apoiar e acompañar ás persoas mozas na súa transición á vida laboral tras rematar os seus estudos.

Este programa está cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+, nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06.

As accións formativas do Programa levaranse a cabo dende a publicación definitiva das persoas beneficiarias que participaran no programa ate o 31 de maio de 2024. En todos estes meses as persoas mozas contarán con:

  • Asesoramento e acompañamento polo equipo de titoras do CIXUG, encargadas de orientar, dar apoio e mellorar de forma individualizada as aptitudes e capacidades que estas teñen de cara a mellora e obtención de emprego.
  • Mentorías con persoas profesionais da contorna galega encargadas de orientar, aumentar a rede de contactos e darlle unha visión ás persoas participantes do que realmente é o mundo laboral e como pode enfrontarse a este.
  • Actividades formativas que lles servirán as persoas mozas para ampliar os seus coñecementos e desenvolver o seu perfil competencial, estarán formadas por contidos obrigatorios e voluntarios que se levarán a cabo de maneira presencial, semipresencial ou telemática.
  • Actividades de interacción e networking e visitas a empresas de carácter presencial que aportarán unha mellora na empregabilidade e na rede de contactos.

A inscrición na V edición do Xuventude Mentoring levarase a cabo de forma telemática a través dun formulario e achegando a documentación obrigatoria esixida, a través da seguinte ligazón:

https://www.xuventudementoring.gal/inscricion/

Para mais información, sobre o Programa e as bases da convocatoria consultar a páxina web de Xuventude Mentoring.

Logo Mentoring

Ver outras noticias....

Diego Barreiro é o novo gañador do Premio ao mellor traballo universitario libre.
Amplíase ata o 13 de outubro o prazo de inscrición no Premio ao mellor traballo universitario libre
Difusión do Software Libre entre as novas xeracións das universidades galegas
A Xunta e as universidades galegas únense para impulsar o emprendemento de base tecnolóxica
Scroll ao inicio