Consorcio Interuniversitario de Galicia

Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia

PC. Descrición

Perfil do Contratante

Descrición

Para asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público e polas normas autonómicas de desenvolvemento ou polas que así se decida voluntariamente, o Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG) publica, a través da Internet, o seu perfil de contratante.

O perfil do contratante inclúe a información referente á actividade contractual do CIXUG, tal como os anuncios de información previa, as licitacións abertas ou en curso e a documentación relativa ás mesmas, as contratacións programadas, os contratos adxudicados, os procedementos anulados e calquera outra información útil de tipo xeral, como puntos de contacto e medios de comunicación que poden utilizarse para relacionarse co órgano de contratación.

Unha vez aprobadas as IIC (Instrucións Internas en Materia de Contratación) polo Consello de Goberno do CIXUG, estas poderán ser consultadas e descargadas neste apartado.

Scroll ao inicio