Consorcio Interuniversitario de Galicia

Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia

Prazo Inscrición 2da Ed., Xuventude Mentoring
Aberto o prazo de inscrición na segunda edición do Programa Xuventude Mentoring
Xuventude Mentoring
27/06/2022

AO ABEIRO DO PROGRAMA DE FORMACIÓN E MENTORING DO CIXUG E A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

Queda aberto o prazo para o envío de solicitudes do que será a nova edición do Programa Xuventude Mentoring. As persoas mozas de entre 18 e 30 anos inscritas e beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que teñan superado os estudios universitarios de grao ou posgrao ou formación profesional de grao superior nun centro de Galicia (consultar excepcións nas bases do programa) poden inscribirse na segunda edición do programa dende hoxe, 27 de xuño ata o día 1 de agosto, cunha oferta para esta edición de 250 participantes.

O programa Xuventude Mentoring é un programa integral de formación e mentoring promovido pola Conselleria de Política Social da Xunta de Galicia en colaboración co Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria (CIXUG), para apoiar e acompañar ás persoas mozas na súa transición á vida laboral tras rematar os seus estudos.

Este programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, nun 80%, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, para o período 2014-2020, no eixe prioritario 1B, prioridade de investimento 8.2, obxectivo específico 8.2.1, medida 8.2.1.1.

As accións formativas do Programa levaranse a cabo dende a publicación definitiva das persoas beneficiarias que participaran no programa ate o 30 de novembro de 2022. En todos estes meses as persoas mozas contarán coas seguintes accións:

  • Asesoramento e acompañamento polo equipo de titores do CIXUG, encargados de orientar, dar apoio e mellorar de forma individualizada as aptitudes e capacidades que estes teñen de cara a mellora e obtención de emprego.
  • Mentorías con persoas profesionais da contorna galega encargadas de orientar, aumentar a rede de contactos e darlle unha visión ás persoas participantes do que realmente é o mundo laboral e como pode enfrontarse a este.
  • Actividades formativas que lles servirán as persoas mozas para ampliar os seus coñecementos e desenvolver o seu perfil competencial, estarán formadas por contidos obrigatorios e voluntarios que se levarán a cabo de maneira presencial, semipresencial ou telemática.
  • Actividades de interacción e networking e visitas a empresas de carácter presencial que aportarán unha mellora na empregabilidade e na rede de contactos.

A inscrición na convocatoria ´22 de Xuventude Mentoring levarase a cabo de forma telemática a través dun formulario e achegando a documentación obrigatoria esixida, a través do seguinte enlace:

https://www.xuventudementoring.gal/inscricion/

Para mais información, sobre o Programa e as bases da convocatoria consultar a páxina web de Xuventude Mentoring.

Logo Mentoring

Ver outras noticias....

Aberto o prazo de inscrición na quinta edición do Programa Xuventude Mentoring
Diego Barreiro é o novo gañador do Premio ao mellor traballo universitario libre.
Amplíase ata o 13 de outubro o prazo de inscrición no Premio ao mellor traballo universitario libre
Difusión do Software Libre entre as novas xeracións das universidades galegas
Scroll ao inicio