Consorcio Interuniversitario de Galicia

Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia

2022, Plazo Inscrición cursos 2do semestre
Aberto o prazo de inscrición aos distintos cursos da oferta formativa do segundo semestre do ano 2022
Formación
Oficina de software libre
13/05/2022

CIXUG xunto coas tres universidades e a Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) segue impulsando a formación do persoal das univerisdades galegas, polo que continuando coas accións formativas deste primeiro semestre do 2022, ábrese o prazo para a inscrición aos distintos cursos do segundo semestre.

Unha parte do calendario de cursos desta segunda metade do ano estará formado por novas edicións de cursos xa impartidos que tiveron unha gran acollida e que o CIXUG ve necesario repetir para paliar a demanda destes.

A outra parte deste calanderario estará formada por cursos nos que se integran novas áreas de formación, como pode ser o uso do Software Libre LaTeX, cursos formativos en Python ou Spring, así como a repitición de algunha formación que se incluíu como novidade o ano pasado e que tivo moita acollida entre o persoal universitario.

Seguirase coa mesma estratexia de valor engadido, donde os cursos contarán con videoconferencias en directo co formador para poder resolver dúbidas, así como afondar en temas concretos do curso ou realizar actividades conxuntas relacionadas coa formación.

Toda a información destes cursos está á disposición das unidades de formación de PAS  e PDI das tres universidades que xa se están ocupando de difundir as convocatorias e xestionar o persoal interesado nos distintos cursos. Tamén se atopa publicada e dispoñible na parte de Formación dentro da Páxina web do CIXUG.

Amtega, Nuevo

Ver outras noticias....

Aberto o prazo de inscrición na quinta edición do Programa Xuventude Mentoring
Diego Barreiro é o novo gañador do Premio ao mellor traballo universitario libre.
Amplíase ata o 13 de outubro o prazo de inscrición no Premio ao mellor traballo universitario libre
Difusión do Software Libre entre as novas xeracións das universidades galegas
Scroll ao inicio