Como cada ano o CIXUG aposta por unha formación e un aprendizaxe continuo como forma de mellora e eficacia no traballo, polo que en conxunto coas tres universidades do Sistema Universitario Galego (SUG) abre o prazo para a inscrición nos distintos cursos ofertados ao persoal das universidades, tanto persoal docente e de investigación (PDI) como persoal de administración e servizos (PAS), neste primeiro semestre do exercicio actual.
A principal liña de formación é o traballo con ferramentas de software libre, onde para isto, o Consorcio CIXUG conta co apoio da Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), coa que cada ano firma un convenio de colaboración para impulsar dita formación.
Atendendo aos requirimentos das tres universidades o CIXUG pon en marcha unha oferta formativa variada, onde se contemplan diversas áreas de aprendizaxe e que pon a disposición do persoal de maneira gratuíta. Este ano apreciase un aumento considerable na formación abordando novos cursos para aportar as universidades novas vías de aprendizaxe e desenrolo.
Os cursos ofertados para este primeiro semestre son os seguintes:
- 10/03/2022 LPIC-1 v5.0: Linux Administrator (101 e 102) – Administración SO Linux: impartido pola PUE e destinado ao persoal TIC que desexe iniciar a súa carreira no ámbito da administración de Sistemas de Linux.
- 18/04/2022 Creación de infografías e deseños vectorias: impartido por Óscar Fernández Carballo e destinado ao persoal PAS e PDI que teña vocación polo deseño vectorial e a infografía utilizando para isto as prestacións que proporciona a ferramenta Inkscape.
- 18/04/2022 Creación e tratamento de imaxes e fotografías con GIMP: edición exclusiva para a Universidade de A Coruña.
- 26/04/2022 AZ-900: Microsoft Azure Fundamentals: impartido pola PUE e destinado ao persoal TIC interesado en adquirir coñecementos básicos en Microsoft Azure.
- 09/05/2022 AZ-104: Microsoft Azure Administrator: impartido pola PUE e destinado ao persoal TIC que teñan experiencia en sistemas operativos, virtualización, infraestrutura na nube, estruturas de almacenamento e redes.
- 23/05/2022 LibreOffice Calc Avanzado: impartido por Rafael Rodríguez Gayoso e destinado a calquera persoa usuaria, tanto PAS como PDI, que desexe profundizar no manexo de follas de cálculo en aspectos que non soen usarse de xeito habitual e poden mellorar a calidade do traballo realizado con este tipo de ferramentas.
- 23/05/2022 Publicacións dixitais profesionais: deseño, autoedición maquetación e diagramación con Scribus: impartido por Óscar Fernández Carballo e destinado a usuarios que traballen ou teñan vocación pola autoedición profesional ou semi-profesional.
- 23/05/2022 Análise estatística con RCommander: impartido por Miguel Ángel Rodríguez Muíños e destinado a persoal docente e investigador que utilice ferramentas estatísticas privativas no seu traballo.
- 30/05/2022 Creación e tratamento de imaxes e fotografías con GIMP, 2da Edición: impartido por Óscar Fernández Carballo e destinado a persoal PAS e PDI que teña interese na edición e retoque fotográfico.
- 30/05/2022 Creación de infografías e deseños vectoriais, 2da Edición.
- 30/05/2022 Iniciación a GNU Octave: impartido por Miguel Ángel Rodríguez Muíños e destinado a persoal docente e investigador que desexe aprender ou utilice ferramentas de cálculo numérico privativas no seu traballo.
- 30/05/2022 Trucos e boas prácticas na elaboración de documentos dixitais: impartido por Óscar Fernández Carballo e destinado a persoal PAS e PDI que utilice procesadores de texto no seu traballo e queira aumentar a súa produtividade.
Como valor engadido á formación, este ano moitos dos cursos contan con videoconferencias en directo co formador para poder resolver dúbidas, así como afondar en temas concretos do curso ou realizar actividades conxuntas relacionadas coa formación.
Toda a información destes cursos está á disposición das unidades de formación de PAS e PDI das tres universidades que xa se están ocupando de difundir as convocatorias e xestionar o persoal interesado nos distintos cursos, tamén se atopa publicada e dispoñible na parte de Formación dentro da Páxina web do CIXUG.