Consorcio Interuniversitario de Galicia

Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia

2022, OSL, Gañador Premio OSL
Pablo Mariño obtén o premio ao mellor proxecto universitario libre.
Oficina de software libre
24/10/2022

Pedro Guijas consegue o segundo premio entregado por GPUL.

Na tarde do pasado venres, 21 de outubro, tivo lugar no GaiásTech da Cidade da Cultura o acto de resolución da XV edición do Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre convocado polo Consorcio CIXUG, e que conta coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Un total de 4 candidaturas acadaron esta fase final, que foron avaliadas polo xurado a través das súas diferentes presentacións, e nas que se tiveron en conta aspectos tales como o correcto licenciamento dos traballos, así como o uso dunha metodoloxía propia, e que caracteriza especialmente aos traballos en aberto.

O primeiro premio foi acadado por Pablo Mariño Boga co proxecto «Desenvolvemento dun dispositivo para a monitorización de marcadores de calidade ambiental», no que se leva a cabo o deseño dun dispositivo de medida para a monitorización de marcadores de contaminación ambiental: Calidade do aire, contaminación acústica e lumínica. Tamén se inclúe a creación do software dun equipo cliente encargado de procesar mostrar e almacenar eses datos. Leva a cabo a mostraxe de temperatura, humidade, intensidade de luz, niveles de concentración de Co2 e COV, e medida de presión sonora ponderada usando a escala A. Proporciona unha saída por pantalla a través dun equipo cliente, e almacena os datos mediante un servizo web.

Este recoñecemento con leva unha dotación económica de 1.500 euros, que son aportados polo CIXUG ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa AMTEGA.

Por outra banda, entregouse un segundo premio a Pedro Guijas Bravo polo seu traballo «Desenvolvemento dunha biblioteca para a aprendizaxe federada baixo unha arquitectura peer-to-peer», no que se elabora unha librería open-source en python que permite simulacións e despregue de sistemas de aprendizaxe federado descentralizado, facendo uso dunha rede p2p e o protocolo Gosisp. Este segundo premio conta cunha dotación económica de 750 euros, que son achegados pola asociación GPUL, entidade colaboradora desta iniciativa e tamén enmarcado no convenio de colaboración asinado coa AMTEGA.

Finalistas

Os catro finalistas que alcanzaron a fase final da presente edición foron os seguintes:

Alejandro Iregui Valcarcel eHand: arquitectura de control para prótesis mio-eléctricas
Pedro Guijas Bravo Desenvolvemento dunha biblioteca para a aprendizaxe federada baixo unha arquitectura peer-to-peer
Pablo Mariño Boga Desenvolvemento dun dispositivo para a monitorización de marcadores de calidade ambiental
Eliseo Bao Souto Ranking de usuarias de Reddit aplicando un modelo de relevancia para trastornos depresivos

Xurado

O xurado estivo formado polas seguintes persoas:

  • Mariano Cabrero Canosa
    • Universidade da Coruña
  • David Losada Carril
    • Universidade de Santiago de Compostela
  • Francisco Javier Rodríguez Martínez
    • Universidade de Vigo
  • Brais Arias Rio
    • GPUL
  • Jorge Lama Varela
    • Oficina Software Libre da Amtega

Premio ao mellor Proxecto Universitario con licenza libre

O CIXUG convoca este premio dentro das actividades incluídas dentro do convenio de colaboración coa AMTEGA, e no que se pretende a mellora dos mecanismos de formación e difusión do software libre no ecosistema universitario galego.

A colaboración de GPUL tamén forma parte das actividades realizadas ao abeiro do convenio de colaboración asinada coa Amtega para a promoción do software libre en Galicia.

Agradecemento 

O CIXUG fai un agradecemento a todas as persoas participantes e colaboradoras para que este premio poida seguir promocionando a liberación dos traballos universitarios na nosa comunidade, e xa comezará en breve a difusión para a seguinte edición.

2022-10, 24, OSL, Acto Premio OSL, Imagen 9

Ver outras noticias....

Aberto o proceso selectivo de postos temporais para programa Xuventude Mentoring
Alejandro Buján Pampín, gañador da XVII edición do Premio ao mellor traballo universitario libre
Taller de instalación de GNU/Linux na Facultade de Matemáticas da USC
Amplíase ata o 13 de setembro o prazo de inscrición no Premio ao mellor traballo universitario libre
Scroll ao inicio