Consorcio Interuniversitario de Galicia

Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia

220039, OSL, Scribus, Óscar Fernández
220039
1ra Edición
Publicacións dixitais profesionais: deseño, autoedición, maquetación e diagramación con Scribus
Amtega, Nuevo

Horas:

24 horas

Financiación:

Convenio Amtega

Destinatarios:

Persoal PAS, Persoal PDI

Prazas

PAS

0

PDI

10

PAS

5

PDI

5

PAS

5

PDI

5

Datas, Horarios e Sesións

Data Inicio

23/05/2022

Data Peche

23/06/2022

Tipos Formación

Formación Online
Aula virtual (Webinars)

Datas e horarios

Mércores, 10:30 a 11:30
Martes, 19:00 a 20:00
Xoves, 11:30 a 12:30
Martes, 20:00 a 21:00

Número Webinars

4

Necesidades, prerrequisitos e inf. xeral

Necesidades a cubrir

O obxectivo deste curso é dar a coñecer as prestacións do software Scribus para autedición e maquetación.

Prerrequisitos

Habilidades ofimáticas básicas: uso básico de procesadores de texto ou follas de cálculo, xestión de ficheiros (copiar, mover, borrar, ...) e interacción básica con calquera sistema operativo.

Carácter

Formación en liña a través da Aula virtual do CIXUG: https://formar.cixug.es/

Medios necesarios

Un ordenador con acceso a Internet.

Datos persoal Formador e Titor

Persoal formador

Óscar Fernández Carballo

Empresa contratada

Titor

CIXUG

Descrición

Scribus é un programa multiplataforma de maquetación, atópase dispoñible e de balde para ser descargado na seguinte URL: https://www.scribus.net/downloads/stable-branch/ liberado baixo a licenza GNU GPL de software libre.
Neste curso atoparanse apuntes, vídeos e exercicios para aprender e comezar a dominar a maquetación.

Competencias a desenvolver

1. Visión do distinto software DTP (Publicación de escritorio e autoedición)
2. Manexo da contorna de Scribus
3. Maquetación Avanzada
4. Exportación de traballos en distintos formatos

Metodoloxía

Cada un dos temas consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de Scribus. Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación.
A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que será tido en conta:

  • Participación (10 horas de conexión como mínimo).
  • Avaliación continua, mediante realización de exercicios, consultas nos foros, etc...
  • Posibilidade dunha proba final.

Realizaranse 4 videoconferencias voluntarias de aproximadamente 1 hora de duración, a través da plataforma Zoom, nas que plantexar e solucionar dúbidas así como outros aspectos e dinámicas.

Temario

1. Introducción ao curso (1 hora)

  • Software Libre e software non libre
  • Cultura Libre e Creative Commons
  • Obter recursos libres
  • Formatos estándares
  • Software DTP
    1. Software comercial privativo vs Scribus
    2. Obtención e descarga

2. Introducción a Scribus (4 horas)

  • Espazo de traballo
  • Configurar un novo documento
  • Ferramentas de texto
  • Inserción básica de imaxes
  • Inserción de texto doutros documentos
  • Estilos de parágrafos
  • Xestión de ficheiros e de proxectos
  • Inserción de novas páxinas
  • Configuración básica da contorna
  • Menús contextuais
  • Panel de propiedades
    1. X,Y,Z
    2. Forma
    3. Texto
    4. Imaxe
    5. Liñas
    6. Cores
  • Control do fluxo de textos
  • Historial de accións
  • Traballo con capas
  • Formas xeométricas

3. Maquetación avanzada (14 horas)

  • Esquema
  • Aliñar e distribuir
  • Ordenado de páxinas
  • Medidas
  • Álbum de recortes
  • Formas complexas
    1. Traballo con polígonos
    2. Conversión a cadros de texto
  • Guías e táboas de maquetación
  • O editor interno de estilos
  • Modelos de traballo
  • Xestión da cor
    1. Degradados
    2. Novas cores
    3. Cores de/para imprenta
    4. Importar cores e paletas de cores
  • Creación de índices
  • Configuración avanzada
  • Formularios

4. Finalización e entrega (1 hora)

  • Recolección para a saída
  • Exportación a PDF
  • Exportación a formatos de imaxe
  • Exportación a outros formatos
  • Opcións avanzadas de impresión
Scroll ao inicio