Consorcio Interuniversitario de Galicia

Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia

Consorcio Interuniversitario de Galicia
Aberto o prazo de inscrición aos distintos cursos da oferta formativa do primeiro semestre do ano 2022
Formación
Oficina de software libre
21/02/2022

Como cada ano o CIXUG aposta por unha formación e un aprendizaxe continuo como forma de mellora e eficacia no traballo, polo que en conxunto coas tres universidades do Sistema Universitario Galego (SUG) abre o prazo para a inscrición nos distintos cursos ofertados ao persoal das universidades, tanto persoal docente e de investigación (PDI) como persoal de administración e servizos (PAS), neste primeiro semestre do exercicio actual.

A principal liña de formación é o traballo con ferramentas de software libre, onde para isto, o Consorcio CIXUG conta co apoio da Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), coa que cada ano firma un convenio de colaboración para impulsar dita formación.

Atendendo aos requirimentos das tres universidades o CIXUG pon en marcha unha oferta formativa variada, onde se contemplan diversas áreas de aprendizaxe e que pon a disposición do persoal de maneira gratuíta. Este ano apreciase un aumento considerable na formación abordando novos cursos para aportar as universidades novas vías de aprendizaxe e desenrolo.

Os cursos ofertados para este primeiro semestre son os seguintes:

Como valor engadido á formación, este ano moitos dos cursos contan con videoconferencias en directo co formador para poder resolver dúbidas, así como afondar en temas concretos do curso ou realizar actividades conxuntas relacionadas coa formación.

Toda a información destes cursos está á disposición das unidades de formación de PAS  e PDI das tres universidades que xa se están ocupando de difundir as convocatorias e xestionar o persoal interesado nos distintos cursos, tamén se atopa publicada e dispoñible na parte de Formación dentro da Páxina web do CIXUG.

Amtega, Nuevo

Ver outras noticias....

Encontro entre o CIXUG e Unión Profesional de Galicia para o impulso do talento xoven a través do programa Xuventude Mentoring
Aberto o prazo de inscrición na sétima edición do Programa Xuventude Mentoring
Aberto o prazo de inscrición na sexta edición do Programa Xuventude Mentoring
Publicado o listaxe definitivo do proceso selectivo para a cobertura de postos temporais de Persoal Técnico de Prospección e Orientación Laboral
Scroll ao inicio