Consorcio Interuniversitario de Galicia

Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia

230116, UDC, C. Python
230116
1ra Edición
Curso de Introdución a Python

Horas:

25 horas

Financiación:

Aporte Universidades

Destinatarios:

Persoal PAS, Persoal PDI

Prazas

PAS

10

PDI

20

PAS

PDI

PAS

PDI

Datas, Horarios e Sesións

Data Inicio

17/10/2023

Data Peche

31/10/2023

Tipos Formación

Formación Online
Aula virtual (Webinars)

Datas e horarios

Martes, 09:00 a 14:00
Xoves, 09:00 a 14:00

Número Webinars

5

Enlace ao curso

Enlace non requirido ou non creado o curso na plataforma de formación.

Necesidades, prerrequisitos e inf. xeral

Necesidades a cubrir

Obtención por parte do alumno dos coñecementos necesarios para desenvolver programas informáticos empregando a linguaxe de programación Python. Ademais da aplicación de devanditos coñecementos á resolución de problemas de computación diversos.

Prerrequisitos

Requirense coñecementos básicos de informática. Recomédase ter un dominio básico do inglés para o manexo de ferramentas informáticas e a consulta de documentación técnica.

Carácter

5 Sesións en directo en formato de videoconferencias de 5 horas de duración e uso da aula virtual do CIXUG: https://formar.cixug.es/

Medios necesarios

Equipo informático equipado con cámara web e micrófono, con acceso a internet. Ademais, necesaria a instalación do intérprete do lenguaxe Python 3 e un editor de texto adecuado para a edición de programas informáticos (recoméndase VS Code). Na primeira sesión do curso daránselle indicacións ao alumno acerca de cómo instalar estos programas se o necesitan.

Datos persoal Formador e Titor

Persoal formador

Jairo Chapela Martínez

Empresa contratada

Jairo Chapela Martínez

Titor

CIXUG

Descrición

Python é unha linguaxe de alto nivel de programación interpretada cuxa filosofía fai fincapé na lexibilidade do seu código, está administrado por Python Sotware Foundation e posúe unha licenza de código aberto.

Python experimentou nos últimos anos un auxe sen precedentes, dominando a escena das linguaxes de programación de propósito xeral.
A aprendizaxe de Python é moi recomendable na actualidade debido ás súas vantaxes na automatización de tarefas administrativas, a análise de datos, o desenvolvemento de aplicacións web, a investigación académica, o ensino e titoría, a colaboración con outros profesionais e a adaptación ás últimas tecnoloxías. Aprender Python proporciona habilidades e ferramentas para mellorar a eficiencia, aproveitar datos institucionais, desenvolver proxectos académicos e manterse actualizado nunha contorna académica en constante evolución.

Competencias a desenvolver

  • Introducir as distintas contornas de desenvolvemento. A contorna interactiva Jupyter para executar e crear programas.
  • Coñecer os elementos básicos da linguaxe, as estruturas de control, estruturas de datos, e elementos sintácticos específicos de Python.
  • Introducir algunhas das bibliotecas máis habituais da linguaxe.
  • Realizar prácticas e exercicios sinxelos de programación con Python.

Metodoloxía

Impartición da actividade formativa en modalidade aula virtual con persoal cualificado, especializado na materia e con ampla experiencia no desenvolvemento de solucións informáticas.

As xornadas de impartición levarán a cabo utilizando un software de videoconferencia, intercalando exposicións teóricas coa resolución de casos prácticos sinxelos.

Tamén se proporán actividades aos alumnos para poder facer un seguimento da consecución dos obxectivos do curso por parte dos alumnos. As actividades propostas poden ser cuestionarios, entregas de exercicios, participación en foros de preguntas, entre outras.

Os alumnos contan co apoio do docente do curso para resolver calquera dúbida.

Temario

1. Introdución a Python, E/S básica (2 horas)
  • Instalación da contorna de traballo
  • Visualización mensaxes por consola (print)
  • Introdución de texto por teclado (input)
2. Variables e tipos de datos (2 horas)
  • Declaración de variables
  • Tipos de datos: enteiros, coma flotante, texto, booleanos
  • Conversións entre tipos de datos
  • Formato de cadeas de caracteres, redondeo de cifras
  • Operadores matemáticos
  • Exercicios prácticos
3. Cadeas de caracteres e tipos de datos abstractos (4 horas)
  • Indexación
  • Extracción de subcadeas
  • A clase str
  • Listas e tuplas
  • Dicionarios
  • Conxuntos (set)
  • Exercicios prácticos
4. Control do fluxo do programa (4 horas)
  • Operadores de comparación
  • Operadores lóxicos
  • Estrutura condicional (if-elif-else)
  • Bucles (for, while)
  • Rangos
  • Funcións de procura e transformación de secuencias: sum, min, max, filter, map
  • Xeración de números pseudoaleatorios
  • Comprensión de listas
  • Exercicios prácticos
5. Funcións (4 horas)
  • Definición e invocación de funcións
  • Métodos de axuda e documentación
  • Funcións recursivas
  • Argumentos variables: *args, *kwargs
  • Exercicios prácticos
6. Manipulación de ficheiros (2 horas)
  • Apertura e peche de ficheiros
  • Lectura e escritura secuencial de datos en ficheiros
  • Exercicios prácticos
7. Introdución á programación orientada a obxectos (5 horas)
  • Definición de clases
  • Atributos e métodos
  • Herdanza
  • Polimorfismo
  • Métodos especiais
  • Exercicios prácticos
8. Paquetes de terceiros (2 horas)
  • O índice de paquetes de Python (PyPI)
  • Instalación de paquetes de terceiros
  • Exposición dalgúns dos paquetes máis utilizados para a ciencia de datos e o desenvolvemento de aplicacións
Scroll ao inicio