Consorcio Interuniversitario de Galicia

Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia

220090, Curso Spring MVC, Paulino
220090
1ra Edición
Java: Spring MVC

Horas:

18 horas

Financiación:

Aporte Universidades

Destinatarios:

Persoal TIC

Prazas

PAS

10

PDI

0

PAS

10

PDI

0

PAS

10

PDI

0

Datas, Horarios e Sesións

Data Inicio

17/10/2022

Data Peche

28/10/2022

Tipos Formación

Formación Online
Aula virtual (Webinars)

Datas e horarios

Luns, 09:00 a 12:00
Mércores, 09:00 a 12:00
Venres, 09:00 a 12:00

Número Webinars

6

Enlace ao curso

Enlace non requirido ou non creado o curso na plataforma de formación.

Necesidades, prerrequisitos e inf. xeral

Necesidades a cubrir

Formarase ao alumnado na utilización do framework Spring MVC.

Prerrequisitos

Ter coñecementos básicos de JAVA e da liña de comandos.

Carácter

Seis sesións en vivo a través da plataforma Zoom ou Teams, ademais de contidos en liña a través da Aula Virtual do CIXUG: https://formar.cixug.es/

Medios necesarios

Un ordenador con acceso a Internet, Eclipse IDE 2022‑03, JAVA JDK 18 e MAVEN instalados.

Datos persoal Formador e Titor

Persoal formador

Paulino Villar Martínez

Empresa contratada

Titor

CIXUG

Descrición

Todas as peticións que recibe unha aplicación teñen que pasar por unha capa de recepción, onde se recolle toda a información desta (parámetros, formulario) antes de ser procesada. Durante o curso centrarémonos na implementación desta capa mediante a utilización de Spring MVC.

O curso estará dividido en dúas seccións:

  • Unha primeira onde definiremos todos os conceptos de Spring MVC, e crearemos unha API REST para comprender facilmente as diferentes anotacións e conceptos.
  • Unha segunda fase, onde se discutirán os conceptos de vista e os servizos axeitados para devolver páxinas web usando Spring MVC xunto con Thymeleaf.

Competencias a desenvolver

Crear unha capa de recepción de solicitudes usando Spring MVC.

Con Spring MVC crearemos a capa necesaria para recibir solicitudes dunha API REST, como a posibilidade de xerar vistas HTML co soporte da librería Thymeleaf.

Metodoloxía

O curso constará dunha parte teórica intercalada con exercicios prácticos, que se lle proporán ao alumno para que os resolva antes de facelo conxuntamente. Desta forma, o alumno poderá afianzar os conceptos teóricos que se vaian vendo en cada capítulo.

Temario

1. Iniciación a Spring Boot

  • Que é Spring Boot?
  • Arquitectura dun proxecto con Spring Boot
  • Crear un primeiro proxecto con Spring Boot

2. Anotacións e definición de servizos REST

  • Tipo de anotacións de clases e métodos
  • Defición de URL e accesos
  • Control de tipo de petición de HTTP
  • Formatos admitidos
  • Recepción de parámetros e corpos de mensaxe.

3. Negociación de contido e conversores

  • Spring MVC Content Negotiation
  • Conversor de resultado

4. Vistas de HTML con Spring MVC e Thymealeaf

  • Iniciación a Thymeleaf
  • Montar web con Thymeleaf e Spring Boot

5. Formularios web e visualización de datos con Spring Boot e Thymeleaf

6. Internacionalización, conclusións e dúbidas.

Scroll ao inicio