Consorcio Interuniversitario de Galicia

Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia

220068, OSL, LaTeX, Mª José, Paula e Alejandro
220068
1ra Edición
Introdución á edición de textos científicos con LaTeX
220068, OSL, LaTeX, Mª José, Paula e Alejandro

Horas:

10 horas

Financiación:

Convenio Amtega

Destinatarios:

Persoal PDI

Prazas

PAS

0

PDI

6

PAS

PDI

6

PAS

0

PDI

6

Datas, Horarios e Sesións

Data Inicio

12/09/2022

Data Peche

15/09/2022

Tipos Formación

Formación Online
Aula virtual (Webinars)

Datas e horarios

Luns, 09:00 a 11:30
Martes, 09:00 a 11:30
Mércores, 09:00 a 11:30
Xoves, 09:00 a 11:30

Número Webinars

4

Necesidades, prerrequisitos e inf. xeral

Necesidades a cubrir

Este curso busca dotar ao persoal científico no coñecemento dos elementos básicos da edición de textos matemáticos para a elaboración de documentos científicos baixo o ambiente LaTeX, como artigos, reportes e libros.

Prerrequisitos

Non se requieren coñecementos previos de LaTeX.

Carácter

Sesións en directo a través da plataforma Zoom ademais de contidos en liña na Aula Virtual do CIXUG: https://formar.cixug.es/

Medios necesarios

Computador con calquera sistema operativo (Windows, MacOS ou Linux), navegador (para usar Overleaf como editor de LaTeX), acceso a Internet, cámara web, auriculares e micrófono. Durante as sesións en directo, a cámara web debe estar activada para asegurar a participación da persoa inscrita. A plataforma de videoconferencia a empregar disporá de acceso mediante perfil gratuíto.

Datos persoal Formador e Titor

Persoal formador

Paula S., Alejandro S. e María José G.

Empresa contratada

Titor

CIXUG

Descrición

Neste curso aprenderase a redactar un documento científico en LaTeX dende cero, a través de exemplos prácticos que permitan coñecer dende os fundamentos máis básicos ata as opcións avanzadas desta linguaxe. LaTeX é un sistema de composición de textos, orientado á creación de documentos escritos que presenten unha alta calidade tipográfica. Polas súas características e posibilidades, é usado de forma especialmente intensa na escritura de artigos e libros científicos que inclúen, entre outros elementos, expresións matemáticas.

Competencias a desenvolver

  • Coñecer os elementos básicos para a edición de textos matemáticos.
  • Manexo básico de LaTeX para a edición de textos matemáticos: elaboración de táboas, manexo de figuras, fórmulas e ecuacións...
  • Manexo de LaTeX na elaboración de documentos científicos.
  • Manexo de LaTeX na elaboración de presentacións científicas.

Metodoloxía

En cada módulo describiranse os principais procedementos para a elaboración de documentos científicos (artigos, teses, presentacións,...) usando LaTeX. O alumno disporá duns apuntes teóricos que se plantexan en base á realización de exemplos e casos prácticos. Ademais, desenvolveranse sesións en directo a través de plataforma de videoconferencia (MS Teams, Zoom ou similar), onde o alumnado poderá seguir as explicacións e as indicacións realizadas por parte do profesorado. Durante cada sesión en directo proporanse exercicios prácticos que as persoas asistenes deben realizar. Ao finalizar o curso, realizarase unha proba final de avaliación dos contidos.

Tanto a plataforma de teleformación como a de viedoconferencia miden o tempo de conexión de cada participante, criterio que será tido en conta á hora da avaliación final:

  • Participación nas sesións en directo e tempo de conexión (mínimo 10 horas) – 10%.
  • Tarefas realizadas durantes as sesións en directo – 70%.
  • Proba final (en liña) – 20%.

Temario

Módulo 1. Preliminares

Módulo 2. Procesamento de textos

Módulo 3. Introdución a LATEX: comandos e estilos

Módulo 4. Introdución a LATEX: máis comandos e aspectos de formato e texto

Módulo 5. Introdución a LATEX: figuras e táboas

Módulo 6. Introdución a LATEX: ecuacións e fórmulas

Módulo 7. Consellos para crear presentacións

Módulo 8. Presentacións con LATEX y Beamer

Módulo 9. Presentacións Avanzado

Módulo 10. Bibliografía con LATEX e BibTeX

Scroll to Top