INFÓRMASE QUE OS CURSOS DE AZURE FUNDAMENTALS E AZURE ADMINISTRATOR CAMBIAN A SÚA DATA DE REALIZACIÓN
Continuando co calendario da formación que o CIXUG e as tres universidades galegas ofrecen ao seu persoal, os seguintes cursos a impartir eran:
- AZ-900: Microsoft Azure Fundamentals
- AZ-104: Microsoft Azure Administrator
Ambos cursos, dirixidos ao persoal TIC e impartidos pola PUE (Proyecto Universidade Empresa S.L.) abarcan ensinanzas e aportan coñecementos sobre computación na nube, así como os seus modelos e servizos en nube pública, privada ou híbrida. Ademais, trataranse solucións e servicios, tanto a nivel básico como xa máis especializado, de Azure con conceptos relacionados coa seguridade, privacidade, compliance, redes e maquinas virtuais, tráfico de rede, almacenamento e copias de seguridade, entre outras.
Estes cursos tiveron unha gran demanda e acollida, o que propiciou un cambio nas datas de impartición, para que todo o persoal matriculado puidese facer un mellor aproveitamento e xa de paso contar con un grupo privado, exclusivo para o CIXUG.
Con todo isto, confírmase que os cursos de Azure quedan do seguinte xeito:
- AZ-900: Microsoft Azure Fundamentals: unha sesión de 6 horas a realizar o venres 29 de abril en horario de 09:00 a 15:00 h, con grupo privado para o CIXUG, formado polas 21 persoas anotadas pertencentes a Universidade de Vigo e a Universidade de A Coruña.
- AZ-104: Microsoft Azure Administrator: 5 sesións de 6 horas a realizar na semana do 23 ao 27 de maio (de luns a venres) en horario de 09:00 a 15:00 h, con grupo privado para o CIXUG formado por 16 persoas pertencentes a Universidade de A Coruña e a Universidade de Vigo.
Os cambios xa se encontran actualizados nos catálogos dos cursos, situados na parte de "Formación" da páxina web.