O pasado sábado 26 de marzo, a Cidade da Cultura acolleu o Evento de Peche e a entrega de diplomas do que foi a I Edición do Programa Xuventude Mentoring.
Xuventude Mentoring é un programa pioneiro integral de formación e mentoring que se puxo en marcha no 2021 dende a Consellería de Política Social en colaboración co CIXUG e as tres universidades galegas, cofinanciado este polo Fondo Social Europeo.
A primeira edición do programa acolleu ao redor de 200 persoas mozas, con titulacións universitarias ou de formación profesional, as que se lle brindou un servicio personalizado de orientación na procura de emprego, unha formación especifica para desenvolver habilidades e competencias claves para o mundo laboral, a asistencia a eventos e visitas a empresas para poder mellorar a empregabilidade e aumentar a rede de contactos das persoas mozas, así como a posibilidade de obter apoio e asesoramento de un mentor propio co que desenvolver capacidades e aprender, desde a dilatada experiencia destes, sobre a área de emprego na que estiveran interesados.
A este Programa non se sumaron unicamente persoas mozas, senón que tamén quixeron ser participes un total de 146 profesionais que desenvolveron o papel de mentores e 20 entidades colaboradoras que aportaron ao Programa, persoas mentoras, difusión, a organización e realización das coñecidas dentro do Programa como “Xornadas de networking”, así como outras accións.
O evento deu comezo as 10 da maña, contando con mais de 100 persoas, entre as que se encontraban, participantes do programa, mentores e representantes das entidades colaboradoras, as vicerreitoras das 3 universidades galegas, a Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ou a Conselleira de Política Social, entre outros.
A Conselleira, Fabiola García, foi a encargada de iniciar o acto, agradecendo a todos os participantes e colaboradores, facendo fincapé aos logros conseguidos, destacando que “O 60% dos mozos participantes atopou un emprego ou continuou formándose”, e anunciando boas novas, tales como, a realización de non unha senón dúas novas edicións do Programa.
Durante o acto, os asistentes puideron desfrutar de vídeos nos que mentores e participantes relataban as súas experiencias persoais vividas no Programa. Acompañaron a estes vídeos un total de 3 mesas redondas, nunha delas, tres participantes xunto cos seus mentores contaban en vivo y en directo como vivieron eles esas sesións de mentorización, onde se produciu algún que outro “frechazo”.
O resto de mesas redondas celebradas déronlle a oportunidade de contar persoalmente o que Xuventude Mentoring supuxo para os representantes das entidades colaboradoras e, como non, aos titores do Programa, que foron o apoio que tiveron dende o minuto un as persoas mozas participantes.
O evento rematou coa entrega de diplomas, de mans de Fabiola García e Cristina Pichel, tanto aos participantes como aos mentores, e con unha sesión final na que os asientes puideron desfrutar de un almorzo a vez que se reencontraban con caras coñecidas e se ampliaba a rede de contactos.