Consorcio Interuniversitario de Galicia

Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia

2024, MEN, Convocatoria Postos
Aberto o proceso selectivo de postos temporais para programa Xuventude Mentoring
Xuventude Mentoring
23/09/2024

AO ABEIRO DO PROGRAMA DE MENTORING DO CIXUG E A CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

ABERTO PROCESO SELECTIVO DE POSTOS TEMPORAIS PARA PERSOAL TÉCNICO

O Consorcio CIXUG ven de publicar as bases do proceso selectivo para a cobertura de postos temporais de persoal técnico de prospección e orientación laboral como equipo técnico para a xestión do programa asociado ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Consorcio CIXUG, para a posta en marcha en 2024 e 2025 dun programa integral de formación e mentoring destinado ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da comunidade autónoma de Galicia.

Este programa está cofinanciado pola Unión Europea, nun 60%, con cargo ao Programa FSE+ Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06.

Poderán presentarse ata o 30 de setembro de 2024 ás 15:00 horas todas aquelas persoas que cumpran os requisitos establecidos nas bases, e o envío das solicitudes realizarase necesariamente de xeito telemático, a través do formulario habilitado na páxina web do CIXUG.

As persoas interesadas en participar neste proceso de selección deberán, ademáis de cumprimentar o formulario de solicitude dispoñible no devandito enderezo, engadir no mesmo momento da presentación toda a documentación indicada nas bases, antes mencionadas, en formato PDF e o seu contido debe ser completo, claro e lexible.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o Tribunal publicará a lista de persoas admitidas e excluídas na web do Consorcio.

Ver outras noticias....

Alejandro Buján Pampín, gañador da XVII edición do Premio ao mellor traballo universitario libre
Taller de instalación de GNU/Linux na Facultade de Matemáticas da USC
Amplíase ata o 13 de setembro o prazo de inscrición no Premio ao mellor traballo universitario libre
Aberto o prazo de presentación de candidaturas ao premio ao mellor Traballo de Fin de Grao e/ou Fin de Mestrado
Scroll ao inicio