A Oficina de Software Libre decide ampliar o prazo de presentación de solicitudes ao Premio ao mellor traballo universitario libre ata o próximo 13 de outubro.
Toda a información sobre como participar está dispoñible na páxina do premio. Ademais, para calquera consulta pode contactarse coa organización do premio na Oficina de Software Libre do CIXUG.
Requisitos e prazos
As/os estudantes interesadas/os en participar neste premio deben saber que os requisitos que deben cumprir estes traballos son:
- ter sido realizados cunha implementación libre de calquera linguaxe de programación
- ter publicado o software desenvolvido durante o proxecto cunha licenza libre entre as recoñecidas como tal pola Free Software Foundation ou a Open Source Iniciative.
Así mesmo, tamén poden participar proxectos que fagan uso de Hardware Libre.
Para participar neste premio as persoas interesadas deben seguir todos os pasos requiridos nas bases do premio antes do día 13 de outubro:
- Encher o formulario de inscrición
- Entregar unha memoria (máximo 10 páxinas) explicativa dos aspectos específicos do Software Libre e actividade pública do proxecto. Pode empregarse este guión para a súa realización, e entregarse no propio formulario de inscrición, ou por correo electrónico antes do peche do prazo de inscrición.
Esta iniciativa enmárcase no Plan de Acción de Software Libre 2023 da Xunta de Galicia, dentro das liñas de actuación para mellorar e potenciar os mecanismos de formación e difusión do software de fontes abertas entre a cidadanía galega e en particular no estudando universitario.