En data 28 de setembro do 2020 foi asinado o contrato de suministro de licenzas de dereito de uso do Software MATLAB entre o CIXUG e a empresa The Mathworks, S.L.
Todo o PDI (persoal docente e de investigación), PAS (persoal administrativo e de servizos) e o alumnado das universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo poden facer uso do software MATLAB. Baixo o contrato asinado poderán facer uso dos diferentes produtos da familia contactando ao equipo técnico das tres universidades ou simplemente a través de páxina Web do provedor. Simplemente tento unha conta de correo electrónico dun dos dominios das universidades, poderan ter acceso á aplicación.
Este contrato terá unha vixencia de tres anos e iniciará o seu período de operación o primeiro de outubro do 2020 ata o 30 de setembro do 2023.