Horas:
Financiación:
Destinatarios:
Prazas
Datas, Horarios e Sesións
Data Inicio
Data Peche
Tipos Formación
Datas e horarios
Número Webinars
Enlace ao curso
Necesidades, prerrequisitos e inf. xeral
Necesidades a cubrir
Prerrequisitos
Carácter
Medios necesarios
Datos persoal Formador e Titor
Persoal formador
Empresa contratada
Titor
Descrición
A infografía é unha forma de representar información de forma visual, na que, a combinación de imaxes, diagramas e texto, resumen ou explican figurativamente ideas e conceptos.
Durante o curso utilizarase Inkscape, unha aplicación multiplataforma de código aberto liberada baixo a licenza GNU GPL. Esta aplicación encontrase dispoñible e de balde para ser descargada na seguinte URL: https://inkscape.org/es/descargas/
No curso atoparanse apuntes, vídeos e exercicios para aprender e comezar a dominar a infografía.
Competencias a desenvolver
- Coñecer e utilizar ferramentas para creación de imaxes e gráficos dixitais.
- Manexo da contorna de Inkscape.
- Localizar e obter imaxes de forma ética e legal para complementar as composicións gráficas.
- Crear ou modificar composicións visuais e adaptalas aos nosos proxectos.
- Ter presentes os conceptos básicos da cor, composición e escena, para a creación de infografías e composicións complexas.
- Mellorar a calidade de calquera traballo dixital.
Metodoloxía
Cada un dos temas consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de Inkscape. Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación.
A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que será tido en conta:
- Participación (10 horas de conexión como mínimo).
- Avaliación continua, mediante realización de exercicios, consultas nos foros etc...
- Posibilidade dunha proba final.
Temario
1. Introducción (2 horas)
- Software gráfico libre e software non libre.
- Obtención e instalación.
- Tipos de imaxes e usos.
- Interface gráfica.
- Interface gráfica e Inkscape.
- Obtención de recursos gráficos legais.
2. Deseño Vectorial básico (6 horas)
- Manexo básico de obxectos.
- Formas, propiedades e transformacións.
- Orden Z e capas.
- Textos e caligrafía.
- Recheos, gradientes e trazos.
- Copiar, duplicar e clonar.
3. Nodos e trazos (6 horas)
- Transformacións a trazos.
- Operacións booleanas.
- Manexo de nodos.
- Vectorización.
4. Infografías (3 horas)
- Significado e busca de información.
- Composición e proporción estética.
- Trucos e consellos para un ilustrador.
- Exemplos e traballos completos.
5. Efectos e filtros adicionais (3 horas)
- Filtros.
- Extensións.
- Pixart.
- Interpolación.
- Máis efectos artísticos.