Consorcio Interuniversitario de Galicia

Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia

Consorcio Interuniversitario de Galicia
Contratación e suministración de licenzas de dereito de uso de Software MATLAB para o uso do persoal PDI, PAS e alumnado das tres universidades galegas
Licenzas de terceiros
15/10/2020

En data 28 de setembro do 2020 foi asinado o contrato de suministro de licenzas de dereito de uso do Software MATLAB entre o CIXUG e a empresa The Mathworks, S.L.

Todo o PDI (persoal docente e de investigación), PAS (persoal administrativo e de servizos) e o alumnado das universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo poden facer uso do software MATLAB. Baixo o contrato asinado  poderán facer uso dos diferentes produtos da familia contactando ao equipo técnico das tres universidades ou simplemente a través de páxina Web do provedor. Simplemente tento unha conta de correo electrónico dun dos dominios das universidades, poderan ter acceso á aplicación.

Este contrato terá unha vixencia de tres anos e iniciará o seu período de operación o primeiro de outubro do 2020 ata o 30 de setembro do 2023.

Ver outras noticias....

Encontro entre o CIXUG e Unión Profesional de Galicia para o impulso do talento xoven a través do programa Xuventude Mentoring
Aberto o prazo de inscrición na sétima edición do Programa Xuventude Mentoring
Aberto o prazo de inscrición na sexta edición do Programa Xuventude Mentoring
Publicado o listaxe definitivo do proceso selectivo para a cobertura de postos temporais de Persoal Técnico de Prospección e Orientación Laboral
Scroll ao inicio