
Horas:
Financiación:
Destinatarios:
Prazas
Datas, Horarios e Sesións
Data Inicio
Data Peche
Tipos Formación
Datas e horarios
Número Webinars
Enlace ao curso
Necesidades, prerrequisitos e inf. xeral
Necesidades a cubrir
Prerrequisitos
Carácter
Medios necesarios
Datos persoal Formador e Titor
Persoal formador
Empresa contratada
Titor
Descrición
Blender é un programa informático multiplataforma, dedicado especialmente ao modelado, iluminación, renderizado, a animación e creación de grafos tridimensionais. Tamén de composición dixital utilizando a técnica procesal de nodos, edición de vídeo, escultura (inclúe topoloxía dinámica) e pintura dixital.
As características deste software libre de modelado 3D son:
- Multiplataforma, libre, gratuito e cun tamaño de orixe realmente pequeno comparado con outros paquetes de 3D.
- Capacidade para unha gran variedade de primitivas xeométricas, incluíndo curvas, maias poligonais, vacíos, NURBS, metaballs.
- Xunto as ferramentas de animación inclúense cinemática inversa, deformacións por armadura ou cuadrícula, vértices de carga e partículas estáticas e dinámicas.
- Edición de audio e sincronización de video.
- Características interactivas para xogos como deteción de colisións, recreacións dinámicas e lóxica.
- Posibilidades de renderizado interno versátil e integración externa con potentes trazadores de raios ou “raytracer” libres como kerkythea, YafRay ou Yafrid.
- Lenguaxe Python para automatizar ou controlar varias tarefas.
- Acepta formatos gráficos como TGA, JPG, Iris, SGI, ou TIFF. Tamén pode ler ficheiros Inventor.
- Motor de xogos 3D integrado, cun sistema de ladrillos lóxicos. Para mais control úsase programación en lenguaxe Python.
- Simulacións dinámicas para softbodies, partículas e fluidos.
- Modificadores apilables, para a aplicación de transformación non destrutiva sobre maias.
- Sistema de partículas estáticas para simular cabelos e pelaxes, ao que se agregaron novas propiedades entre as opcións de shaders para lograr texturas realistas.
Competencias a desenvolver
Coa realización deste curso os participantes adquirirán coñecementos sobre:
- A ferramente Blender e a sua comunidade
- A interface gráfica de Blender
- Estratexias de modelado
- Blocking
- Creación de materiais PBR e texturas
- Coordenadas de obxectos UV
- Iluminación e cámaras
- Preparación e renderizado da escena
- Animación
- Sistema de particulas
- Extensións de Blender
Metodoloxía
O curso combinará a formación teórica sobre unha serie de temas xerais, coa práctica a través da creación dunha sinxela escena en 3D.
A través da teoría adquiriranse coñecementos xerais da industria da creación 3D e do software Blender 3D, e a través da parte practica obteranse as competencias básicas para desenrolar un modelo 3D completo.
O curso impartirase en formato de videoconferencias en directo co formador, a través da aplicación Zoom.
Ditas videoconferencias repartiranse do seguinte xeito:
- 1ra sesión, luns 22 de setembro de 9:00 a 10:00
- 2da sesión, venres 26 de setembro de 9:00 a 11:00
- 3ra sesión, luns 29 de setembro de 9:00 a 10:00
- 4ta sesión, venres 3 de outubro de 9:00 a 11:00
- 5ta sesión, luns 6 de outubro de 9:00 a 10:00
- 6ta sesión, venres 10 de outubro de 9:00 a 11:00
- 7ta sesión, luns 13 de outubro de 9:00 a 10:00
- 8ta sesión, venres 17 de outubro de 9:00 a 11:00
- 9na sesión, luns 20 de outubro de 9:00 a 10:00
- 10ma sesión, venres 24 de outubro de 9:00 a 11:00
- 11ra sesión, luns 27 de outubro de 9:00 a 10:00
- 12da sesión, venres 31 de outubro de 9:00 a 11:00
- 13ra sesión, luns 3 de novembro de 9:00 a 10:00
- 14ta sesión, venres 7 de novembro de 9:00 a 11:00
- 15ta sesión, luns 10 de novembro de 9:00 a 10:00