Procedementos Antiplaxio
Plataforma Turnitin
Procedemento de borrado permanente
Documentos almacenados no repositorio (En depósito)
Procedemento de borrado permanente
Para instructores / PDI / PAS
Entre na súa conta e seleccione o nome da clase que contén o documento que desexa borrar de xeito permamente.
Confirme que está na páxina “HOME” ao inicio da súa Web de Turnitin.
Unha vez seleccionada a clase, seleccione a opción “Ver” para visualizar todos os documentos subidos a este exercicio / clase. Si ten mais de un exercicio configurado, asegurese de seleccionar o exercicio que conten o documento a eliminar de xeito permamente.
Unha vez visualizados todos os documentos do exercicio seleccionado, confirme cales son os documentos que desexa eliminar. Seleccione os documentos marcando sobre o cadro que ten a izquerda da columna “AUTOR”.
Unha vez seleccionados todos os documentos que quere eliminar de xeito permanente presione sobre o botón “Eliminar”. Logo, seleccione a opción “Solicitar eliminación permanente”. NON selecciones a opción “Quitar de la bandeja de entrada”. Esta última opción retira o documento do repositorio de Turnitin.
NON selecciones a opción “Quitar de la bandeja de entrada”. Esta última opción retira o documento da bandexa pero deixa unha copia no repositorio polo que próximos documentos subidos por toda a comunidade seguiran confrontándose co documento eliminado da bandexa. Esta opción non retira o documento de toda a plataforma de Turnitin. Só o retira da súa bandexa.
Vostede non é o que finalmente elimina o documento. É o administrador/a da súa facultade ou centro o que confirmará esta solicitude. Recorde falar co administrador/a da súa facultade/centro para que faga a culminación de este proceso.
Indique a razón da eliminación para efectos do expediente de seguimento do documento. O administrador/a recibirá esta información cando teña que confirmar ou non o borrado definitivo.
Por último e para asegurar que efectivamente quere eliminalo a plataforma indicaralle que ten que escribir a palabra “ELIMINAR” para pechar este proceso pola súa parte como instrutor/a.
Confirme co seu/sua administrador/a que lle chegou un correo para que culmine o proceso.