Consorcio Interuniversitario de Galicia

Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia

Paloma Piot resulta gañadora da XIV edición do Premio a mellor proxecto universitario libre

Paloma Piot resulta gañadora da XIV edición do Premio a mellor proxecto universitario libre

Borja González consegue o segundo premio co proxecto PyToxo

Na tarde do pasado venres, 22 de outubro,  tivo lugar na Cidade da Cultura o acto de resolución da XIV edición do Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre convocado polo Consorcio CIXUG, e que conta coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Un total de 4 candidaturas acadaron esta fase final, que foron avaliadas polo xurado a través das súas diferentes presentacións, e nas que se tiveron en conta aspectos tales como o correcto licenciamento dos traballos, así como o uso dunha metodoloxía propia, e que caracteriza especialmente aos traballos en aberto.

O primeiro premio foi obtido por Paloma Piot Pérez-Abadín, estudante do Máster Universitario en Enxeñaría Informática (MUEI) que presentou o traballo fin de máster co título «Profiling automático de usuarios para a detección precoz de trastornos mentais», no que desenvolve un sistema capaz de realizar un perfilado automático de usuarios cunha aplicabilidade na detección temprana de trastornos mentais . Este recoñecemento conleva unha dotación económica de 1.500 euros, que son aportados polo CIXUG ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa AMTEGA.

Ademais, entregouse un segundo premio a Borja González Seoane, tamén estudante da Facultade de Informática da Universidade da Coruña, polo seu traballo de fin de grao «PyToxo: una herramienta Python para calcular tablas de penetrancia de modelos de epistasia de alto orden», que presenta unha nova implementación da libraría Toxo, a cal introducía unha aproximación matemática innovadora no estado da arte, pero que estaba desenvolvida para MATLAB. PyToxo liberase baixo unha licenza libre e fai uso de toda a potencia da linguaxe Python. Este segundo premio conta cunha dotación económica de 750 euros, que son achegados pola asociación GPUL, entidade colaboradora desta iniciativa e tamén enmarcado no convenio de colaboración asinado coa AMTEGA.

Finalistas

Os finalistas que alcanzaron a fase final da presente edición foron os seguintes:

  • Paloma Piot Pérez-Abadín
    • Profiling automático de usuarios para a detección precoz de trastornos mentais
  • Mauro Alberto de los Santos Nodar
    • Pasaporte dixital de vacinación COVID-19 baseado en Blockchain, con criptomoeda asociada a modo de incentivo e aplicación móbil para o seu uso
  • Diego Trabazo Sardón
    • Galiasdoc: sistema para la extracción automática de información estructurada a partir de documentos con elementos de maquetación comunes
  • Borja González Seoane
    • PyToxo: una herramienta Python para calcular tablas de penetrancia de modelos de epistasia de alto orden

Xurado

O xurado estivo formado polas seguintes persoas:

  • Mariano Cabrero Canosa
    • Universidade da Coruña
  • José Varela Pet
    • Universidade de Santiago de Compostela
  • Francisco Javier Rodríguez Martínez
    • Universidade de Vigo
  • Bruno Cabado Lousa
    • GPUL
  • Brais Arias Rio
    • Oficina Software Libre da Amtega

Premio ao mellor Proxecto Universitario con licenza libre

O CIXUG convoca este premio dentro das actividades incluídas dentro do convenio de colaboración coa AMTEGA, e no que se pretende a mellora dos mecanismos de formación e difusión do software libre no ecosistema universitario galego.

A colaboración de GPUL tamén forma parte das actividades realizadas ao abeiro do convenio de colaboración asinada coa Amtega para a promoción do software libre en Galicia.

Agradecemento

O CIXUG fai un agradecemento a todas as persoas participantes e colaboradoras para que este premio poida seguir promocionando a liberación dos traballos universitarios na nosa comunidade, e xa comezará en breve a difusión para a seguinte edición.

Scroll ao inicio