Consorcio Interuniversitario de Galicia

Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia

2023, Convenio IEBT´s
A Xunta e as universidades galegas únense para impulsar o emprendemento de base tecnolóxica
IEBT`s
20/07/2023

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, e o presidente do Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG), Julio Abalde, asinaron hoxe un convenio de colaboración, onde a Xunta achegará ás universidades 75.000 euros para financiar os servizos prestados por estas a persoas emprendedoras que queiran levar a cabo unha idea empresarial de base tecnolóxica.

 

A Xunta de Galicia e as tres universidades galegas, a través do Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG), acordaron hoxe, a través da firma dun convenio de colaboración, fomentar o emprendemento de base tecnolóxica entre a comunidade universitaria, aproveitando o potencial empresarial das persoas dedicadas á investigación e das persoas con amplos coñecementos das novas tecnoloxías. Con este convenio tanto Xunta como as universidades buscan:

  • Impulsar o fomento e a formación da cultura emprendedora e o espírito empresarial innovador entre a comunidade universitaria galega.
  • Dar apoio e asesorar en materia de creación de empresas, asi como o apoio a IEBT.

Con este convenio, achegaranse un total de 75.000 euros para financiar os servizos que desde as universidades prestan ás persoas emprendedoras para facer realidade as súas ideas. Estes emprendedores, recibirán acompañamento e asesoramento na elaboración do plan de empresa e no lanzamento das iniciativas empresariais de base tecnolóxica. Estas accións son, por exemplo, charlas divulgativas en facultades, tanto en clases de grao como de máster, así como en institucións potencialmente interesadas no programa, para fomentar a cultura emprendedora e as iniciativas de base tecnolóxica; elaboración de plans de empresa e asesoramento ós equipos emprendedores desde a idea ata a constitución da empresa; reunións con grupos de investigación para a identificación de resultados de investigación e determinación do seu potencial comercial; apoio na tramitación das IEBT; ou o apoio e asesoramento técnico para a realización e posta en marcha dos proxectos.

As Universidades e a Conselleria de Promoción de Emprego e Igualdade, a través do Consorcio CIXUG, levan anos colaborando e dando impulso a estas accións tan necesarias para que poida xurdir, no ámbito universitario galego, un espírito emprendedor máis reforzado, asi como, o impulso da investigación, a tecnoloxía e o emprego.

Ver outras noticias....

Aberto o proceso selectivo de postos temporais para programa Xuventude Mentoring
Alejandro Buján Pampín, gañador da XVII edición do Premio ao mellor traballo universitario libre
Taller de instalación de GNU/Linux na Facultade de Matemáticas da USC
Amplíase ata o 13 de setembro o prazo de inscrición no Premio ao mellor traballo universitario libre
Scroll ao inicio