Consorcio Interuniversitario de Galicia

Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia

2023, Ampliación inscricion 3ra Ed. Xuventude Mentoring
Extendido o prazo de inscrición para a terceira edición do programa Xuventude Mentoring
Xuventude Mentoring
10/03/2023

Exténdese o prazo de inscrición para o que será a terceira edición do programa Xuventude Mentoring ata o venres 17 de marzo

O pasado 10 de febreiro abriase o prazo para o envío de solicitudes do que será a nova edición do Programa Xuventude Mentoring. Este que estaba establecido ata 0 10 de marzo decidiu ampliarse unha semana máis para que o maior número de persoas xóvenes poidan beneficiarse do programa.

As persoas mozas de entre 18 e 30 anos inscritas e beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que teñan cursado estudos universitarios de grao ou posgrao, formación profesional de grao superior  ou estudos superiores nas ensinanzas de réxime especial nun centro de Galicia (consultar excepcións nas bases do programa) poden inscribirse na terceira edición do programa ata o próximo venres 17 de marzo, cunha oferta para esta edición de 250 participantes.

O programa Xuventude Mentoring é un programa integral de formación e mentoring promovido pola Conselleria de Política Social da Xunta de Galicia en colaboración co Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria (CIXUG), entidade integrada polas tres universidades galegas, para apoiar e acompañar ás persoas mozas na súa transición á vida laboral tras rematar os seus estudos.

Este programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, nun 80%, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, para o período 2014-2020, no eixe prioritario 1B, prioridade de investimento 8.2, obxectivo específico 8.2.1, medida 8.2.1.1.

Xuventude Mentoring está composto por 4 grandes bloques de accións que se desenvolverán entre os meses de abril e xuño:

  • Asesoramento e acompañamento polo equipo de titoras do CIXUG, encargadas de orientar, dar apoio e mellorar de forma individualizada as aptitudes e capacidades que estes teñen de cara á mellora e obtención de emprego. Este acompañamento farase ao longo de toda a participación da persoa beneficiaria no programa.
  • Actividades formativas que lles servirán as persoas mozas para ampliar os seus coñecementos e desenvolver o seu perfil competencial, estarán formadas por contidos obrigatorios e voluntarios que se levarán a cabo de maneira presencial, semipresencial ou telemática.
  • Mentorías con persoas profesionais da contorna galega encargadas de orientar, aumentar a rede de contactos e darlle unha visión ás persoas participantes do que realmente é o mundo laboral e como pode enfrontarse a este. Cada persoa moza participante terá asignada a súa propia persoa mentora, experta e coñecedora do seu sector de interese, que o guiará e aconsellará na procura de emprego.
  • Actividades de interacción e networking e visitas a empresas de carácter presencial que aportarán unha mellora na empregabilidade e na rede de contactos.

A inscrición na 3ra edición de Xuventude Mentoring levarase a cabo de forma telemática a través dun formulario:

Formulario de inscrición III Edición

Para mais información, sobre o Programa e as bases da convocatoria consultar a páxina web de Xuventude Mentoring.

Logo Mentoring

Ver outras noticias....

Aberto o proceso selectivo de postos temporais para programa Xuventude Mentoring
Alejandro Buján Pampín, gañador da XVII edición do Premio ao mellor traballo universitario libre
Taller de instalación de GNU/Linux na Facultade de Matemáticas da USC
Amplíase ata o 13 de setembro o prazo de inscrición no Premio ao mellor traballo universitario libre
Scroll ao inicio