Orientación Laboral
Curso específico de Posgrao Avanzado en Orientación Laboral
Edición 2019
Curso específico de Posgrao Avanzado en Orientación Laboral
2da Edición
O Curso Avanzado en Orientación Laboral, organizado polo CIXUG co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria e do Ministerio de Trabajo, Migraciones e Seguridad Social, continúa desenvolvendo o currículo formativo específico para a formación do persoal dedicado á orientación laboral, afondando de xeito especializado e específico en aspectos relevantes, actuais e de interese que permitan e adquisición de novas competencias para o desempeño do seu labor profesional nas mellores condicións posibles.
É por este motivo que o curso está indicado para as persoas que teñen superado o Posgrao de Especialización en Orientación Laboral nalgunha das súas edicións, ou para profesionais da orientación laboral que queren afondar na súa especialización, xa que nel se abordan algúns dos contidos xa introducidos con anterioridade, pero o nivel de profundidade é aínda maior, de cara á consolidación das competencias e á definición de estatexias e itinerarios para a súa aplicación práctica e inmediata no traballo diario das persoas participantes.
Polo tanto, non só se procura afianzar competencias e incorporar outras novas, senón lograr unha aplicabilidade inmediata que teña reflexo no desempeño diario das persoas que tomen parte no curso avanzado e, por extensión, nas persoas orientadas coas que traballan e nos resultados que estas acadan nos seus procesos de procura activa de emprego.
Obxectivos
O Curso Avanzado en Orientación Laboral ten como obxectivo fundamental continuar desenvolvendo o currículo formativo específico para a formación do persoal dedicado á orientación laboral, afondando de xeito especializado e específico en aspectos relevantes, actuais e de interese que permitan e adquisición de novas competencias para o desempeño do seu labor profesional nas mellores condicións posibles.
Polo tanto, non só se procura afianzar competencias e incorporar outras novas, senón lograr unha aplicabilidade inmediata que teña reflexo no desempeño diario das persoas que tomen parte no curso avanzado e, por extensión, nas persoas orientadas coas que traballan e nos resultados que estas acadan nos seus procesos de procura activa de emprego.
Continuando co enfoque que se mantén en todo o esquema formativo, mantén o avance parello das tres vertentes fundamentais que se veñen traballando nos últimos anos:
- Metodoloxías e técnicas para o desempeño na Orientación Laboral Aberta.
- Apoio e asesoramento ao autoemprego e emprendemento.
- Estratexias e ferramentas TIC para a orientación laboral aberta.
Deste xeito, se contribúe de xeito continuado a consolidar as tres perspectivas básicas tanto do modelo de orientación definido no decreto de carteira común de servizos do SNE, como no propio modelo de Orientación Laboral Aberta definido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para Galicia.
Persoas destinatarias
Este curso avanzado está orientado aos seguintes perfís:
- Persoas que teñen obtido o título de posgrao de Especialista Universitario en Orientación Laboral, como consecuencia de ter superado o Posgrao de Especialización en Orientación Laboral.
- Profesionais da orientación laboral que queren afondar nos contidos especñificos que se tratan no curso.
Nota: na cobertura das prazas dispoñibles, terán prioridade as persoas que teñan realizado o Posgrao de Especialización en Orientación Laboral e, como segundo criterio, empregarase a orde de inscrición.
Nota importante: o persoal que na actualidade estea a desempeñar labores de orientación ao amparo da ORDE do 10 de xaneiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de personal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2019, debe indicalo á Secretaría Técnica do curso ao formalizar a súa matrícula, para que poida coordinar cos servizos técnicos da Consellería de Economía, Emprego e Industria a xestión da súa axenda dos venres nos que haxa sesións presenciais durante o tempo que dure o curso, como axuda adicional para acadar o máximo aproveitamento do mesmo.
Requisitos técnicos para o seguimento
Ao tratarse dun curso en modo blended learning cun importante compoñente de teleformación a través da plataforma Moodle do CIXUG, resulta imprescindible que as persoas participantes conten cun computador con:
- Versión actualizada do seu navegador (preferentemente Mozilla Firefox)
- Cámara web
- Altofalantes
- Micrófono
- Acceso a Internet
Xa que moitas das actividades formativas e avaliativas do curso avanzado requiren de acceso e interacción a través da rede, así como da creación de artefactos dixitais e de vídeo; lembrar igualmente que os contidos dos diferentes temas non serán descargables ata a finalización dos mesmos, dado que tamén a súa visualización na plataforma se terá en conta como criterio de aproveitamento.
Ademais, e dado o importante uso das ferramentas TIC e as novas tecnoloxías aplicadas á xestión do emprego, pode requirirse da instalación por parte das persoas participantes de determinado software ou plugins no seu computador que, en todo caso, será gratuíto e de uso libre. Igualmente, para posibilitar a participación e óptimo aproveitamento de determinadas actividades do curso, poderá requirirse das persoas participantes o seu rexistro en plataformas ou redes sociais, creando perfís profesionais reais.
Do mesmo xeito, as persoas participantes deberán acudir ás sesións presenciais cun computador persoal ou, no seu defecto, cun dispositivo móbil equivalente (tablet ou smartphone) que permita o acceso a Internet a través de WIFI e a interacción coa plataforma Moodle e as diferentes ferramentas empregadas, xa que algunha das tarefas propostas requirirá a intervención ao longo da sesión con diferentes servizos e espazos.
En calquera caso, os requisitos concretos que precise cada formador en relación ás súas actividades, así como as instrucións para a súa descarga e instalación, serán publicados na plataforma Moodle do curso con antelación suficiente para posibilitar a correcta instalación e a dispoñibilidade dos mesmos.
Contidos da formación
O curso avanzado contempla 27 horas de formación presencial, a desenvolver en xornadas de venres pola tarde (16.00 h a 20.30 h) e sábado pola mañá (9.30 h a 14.00 h) no Centro de Novas Tecnoloxías Galicia dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, emprazado en Santiago de Compostela.
A formación complétase sumando ás sesións presenciais a formación a distancia, as actividades avaliativas, de repaso e o traballo persoal do alumnado ata totalizar as 150 horas que conforman o curso.
As sesións presenciais servirán para desenvolver obradorios e sesións prácticas que permitan afianzar os conceptos clave, resolver dúbidas e incidir de xeito eficaz nos coñecementos adquiridos, contando cunha actividade avaliativa para cada un dos ámbitos de especialización que compoñen o curso.
Os contidos a distancia desenvolveranse sobre a plataforma Moodle do CIXUG, polo que as persoas asistentes deberán dispoñer dos equipos e medios técnicos necesarios (ver apartado requisitos técnicos para o seguimento do curso avanzado).
O programa do curso está composto polos seguintes temas, organizados en ámbitos de especialización:
ÁMBITO 1. PROSPECCIÓN DE EMPRESAS E INTERMEDIACIÓN LABORAL NOS PROGRAMAS DE EMPREGO
- Tema 1: fundamentos da prospección e da intermediación laboral
- Tema 2: metodoloxías para a prospección e a intermediación laboral
ÁMBITO 2. ANÁLISE ECONÓMICA E FINANCEIRA PARA COÑECER A VIABILIDADE DUN PROXECTO DE EMPRENDEMENTO
- Tema 3: análise financeira do plan de empresa
- Tema 4: análise económica do plan de empresa
ÁMBITO 3. ESTRATEXIA TIC PARA ORIENTACIÓN LABORAL ABERTA: A CURACIÓN DE CONTIDOS
- Tema 5: os algoritmos e a burbulla de filtros
- Tema 6: a curación de contidos
- Tema 7: planificación. Procura e selección de contidos
- Tema 8: achega de valor e publicación
Lugar de celebración das sesións presenciais
As sesións presenciais desenvolveranse no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Economía, Emprego e Industria, emprazado en Santiago de Compostela:
Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
- Rúa Airas Nunes, s/n – Conxo
- 15702 – Santiago de Compostela
Coordenadas GPS:
- W 8º 33′ 16,35”
- N 42º 51′ 47,21”
Cando terá lugar
O curso avanzado desenvolverase a partires do 18 de outubro, combinando a formación a distancia coa formación presencial que terá lugar os venres pola tarde en horario de 16.00 a 20.30 h, e os sábados pola mañá en horario de 9.30 h a 14.00 h. Realizarase control de sinaturas tanto na entrada como de saída nas sesións presenciais, polo que se prega puntualidade no acceso ás mesmas.
As sesións presenciais terán lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (Santiago de Compostela), coas seguintes temáticas:
- 18/10/2019: prospección de empresas e intermediación laboral (1ª parte)
- 19/10/2019: prospección de empresas e intermediación laboral (2ª parte)
- 25/10/2019: análise de viabilidade do plan de empresa (1ª parte)
- 26/10/2019: análise de viabilidade do plan de empresa (2ª parte)
- 08/11/2019: unha estratexia de curación de contidos efectiva (1ª parte)
- 09/11/2019: unha estratexia de curación de contidos efectiva (2ª parte)
Condicións para o aproveitamento
Para superar o curso, o alumno/a deberá:
- Asistir ás sesións presenciais.
- Superar o conxunto das actividades avaliativas previstas no curso cunha nota media final de 5 ou máis puntos.
Os criterios a aplicar na parte a distancia serán:
- A forma de valorar a evolución das aprendizaxes de cada persoa participante levarase a cabo a través das distintas actividades, que serán avaliadas e puntuadas pola titoría responsable. Comprobarase: a lectura dos contidos propios do curso; a realización das actividades onde se constate a adquisición dos contidos do curso; e a participación en actividades individuais e grupais da aula.
- Valorarase a participación nos debates e propostas da aula.
Tamén se terán en consideración outros aspectos como as evidencias na adquisición das competencias e a constancia no seguimento do curso.
A cualificación final será de APTO ou NON APTO, e estará determinada pola aplicación das seguintes ponderacións:
# | ACTIVIDADE AVALIATIVA | PONDERACIÓN |
---|---|---|
1 | Tarefas avaliativas do ámbito da orientación laboral aberta | 30% |
2 | Tarefas avaliativas do ámbito da empresa e o emprendemento | 30% |
3 | Tarefas avaliativas do ámbito das TIC para a orientación laboral | 30% |
4 | Participación e seguimento do curso | 10% |
Profesorado do curso de Introdución á Orientación Laboral Aberta
O equipo docente que vai desenvolver o Curso de Introdución á Orientación Laboral Aberta é o mesmo que desenvolve o programa do Posgrao de Especialización en Orientación Laboral, de forma que os contidos están perfectamente coordinados e o nivel dos mesmos se axusta en cada caso ao previsto no curso.
O equipo docente está composto polas seguintes pesoas, que ademais de como formadoras actúan como titoras na teleformación:
FERNANDO AGULLÓ LEAL
DIRECTOR ACADÉMICO DO CURSO, ESPECIALISTA EN EMPRENDEMENTO
Fernando Agulló Leal é Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela, Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade da Coruña, cun Mestrado en Creación de Empresas pola Universidade da Coruña, Técnico Superior de Prevención de Riscos Laborais e Project Manager por Project Management Institute – Método.
A súa experiencia profesional non se centrou exclusivamente no docencia, xa que tamén exerceu como economista ou técnico superior na Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia ata a súa incorporación como persoal docente e investigador á Universidade da Coruña, así como articulista colaborador de La Voz de Galicia no suplemento Mercados. Tamén foi Director Da Cátedra Jorge Juan.
Actualmente, ademais de exercer como Director Académico do Curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral, é responsable da docencia impartida na Universidade da Coruña nas materias:
- “Iniciativa Emprendedora” no Mestrado de Xestión e Dirección Laboral
- “Introdución á Economía” no Grao de Relacións Laborais e Recursos Humanos
- “Economía e Empresa” no Grao de Relacións Laborais e Recursos Humanos
- “Creación e Dirección de Empresas” no Grao de Ciencias do Deporte e da Educación Física
- Traballos de Fin de Grao (TFG) e Traballos de Fin de Mestrado (TFM)
Mª TERESA DEUS TRASOBARES
TITORA, ESPECIALISTA EN ORIENTACIÓN LABORAL
Licenciada en Ciencias do Traballo, Mayte Deus Trasobares e presidenta de “Inprega, S. Coop. Galega”, na que tamén traballa como consultora senior.
Ten, entre outros, un Mestrado Universitario en Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacherelato, Formación Profesional e Ensinos de Idiomas.
A súa traxectoria laboral desenvólvese sempre ligada ao mercado de traballo e ao emprego. Durante nove anos prestou servizos no INEM e, máis adiante, nos Concellos da Coruña e Ferrol, pasando despois a realizar traballos de asistencia técnica e consultoría para distintos organismos públicos.
Tamén podes coñecela en Linkedin.
CARLOS PARADA GANDOS
TITOR, ESPECIALISTA EN TIC E REDES SOCIAIS
Carlos Parada é Diplomado en Informática e posúe un Posgrao de Experto Profesional en e-Learning 2.0. Gran parte da súa experiencia profesional estivo centrada na xestión técnica de plans de formación e o diseño de plans formativos, avaliacións e metodoloxías de accións formativas relacionadas co ámbito TIC e na coordinación técnica e pedagóxica de proxectos de incorporación de tecnoloxías no ámbito da formación.
Actualmente colabora como consultor senior e formador con distintas entidades de ámbito público e privado, nas especialidades de:
- Contornos virtuais de aprendizaxe (e-learning)
- Identidade dixital
- Formación do profesorado
- Dinamización de comunidades de práctica
- Apoio ao emprendemento
Tuitea como @carpaga. Podes coñecelo en about.me e en Linkedin.
Requisitos de matrícula
Para matricularse no Curso Avanzado en Orientación Laboral é necesario cubrir o formulario de preinscrición que se enlaza a continuación, así como achegar na conta de correo pol@cixug.es copia actualizada en soporte informático da seguinte documentación:
- Documento de identidade en vigor
- Certificado/volante de empadroamento actualizado e vixente (menos de 6 meses de antigüidade)
- Título universitario (ou certificado de expedición do título) válido en España
- NOTA IMPORTANTE: no caso de que o número de persoas solicitantes supere as prazas dispoñibles, pediráselle ás persoas inscritas que achegen copia do expediente académico universitario, xa que o criterio de acceso nese caso virá determinado pola nota media do expediente. De ser necesario, este documento seralle requirido posteriormente
Os documentos enviados deben ser copiados polas dúas caras, e o contido da copia debe ser completo, claro e lexible, sen esquinas recortadas.
FORMULARIO DE INSCRICIÓN
(Pechado prazo de inscrición na edición 2019)
Tras recibir a confirmación da preinscrición, disporá de tres días hábiles para realizar o ingreso do prezo da matrícula (150,00 euros) e remitir unha copia do modo que se lle indicará no correo electrónico de confirmación. Se transcorrido este prazo non fixese efectivo o pago, perderá o dereito á reserva de praza e esta pasará á seguinte persoa da lista de agarda.
NOTA 1: o prezo da matrícula encóntrase subvencionado polo cofinanciamento realizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e polo Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social, polo que non se aplicarán descontos adicionais sobre este importe.
NOTA 2: as titulacións que requiran de convalidación en España non serán admisibles se non se acredita esta homologación.
NOTA 3: esta documentación poderá serlle solicitada en orixinal a efectos de verificación en calquera momento ao longo da duración do curso, ou con posterioridades como parte do proceso de auditoría ao que poida ser sometido por parte das entidades financiadoras.
NOTA 4: para aquelas persoas que se matriculen sen ter completado a súa titulación universitaria, será imprescindible estar en posesión do título universitario no momento de finalizar o curso de especialización para poder obter o título de posgrao. Non se conservará o expediente entre convocatorias.
Información complementaria
Para obter máis información do teu interese en relación ao Curso de Introdución á Orientación Laboral Aberta, podes empregar os seguintes medios:
- Enviando un correo ao enderezo electrónico pol@www.cixug.gal
- Chamándo ao teléfono 611 412 116