Consorcio Interuniversitario de Galicia

Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia

UDC, 240072, Power Excel
240072
1ra Edición
Microsoft Power Excel® con Power Query, Power Pivot e DAX

Horas:

24 horas

Financiación:

Aporte Universidades

Destinatarios:

Persoal PAS, Persoal PDI

Prazas

PAS

10

PDI

10

PAS

PDI

PAS

PDI

Datas, Horarios e Sesións

Data Inicio

07/05/2024

Data Peche

30/05/2024

Tipos Formación

Formación Online
Aula virtual (Webinars)

Datas e horarios

09:30 a 12:30

Número Webinars

8

Enlace ao curso

Enlace non requirido ou non creado o curso na plataforma de formación.

Necesidades, prerrequisitos e inf. xeral

Necesidades a cubrir

O curso vai dirixido a profesionais acostumados a traballar e analizar datos con Excel que buscan, ou necesiten, traballar con maiores cantidades de datos e dun modo mais automatizado

Prerrequisitos

Recomendable ter coñecementos básicos das TIC asi como ter coñocementos do uso da ferramenta Excel

Carácter

8 sesións de 3 horas de duración en modalidade online en directo co formador

Medios necesarios

Un ordenador con conexión a internet

Datos persoal Formador e Titor

Persoal formador

Juan Naya

Empresa contratada

Vitae Consultores

Titor

CIXUG

Descrición

Neste curso os participantes aprenderán a explotar os datos en Excel con dúas potentes ferramentas que están integradas nas últimas versións de Microsoft® Office, Power Query, Power Pivot e DAX.
A partir de diferentes arquivos ou táboas, como orixe de datos elaboraranse Cadros de Mandos que den resposta ás principais preguntas que se vaian formulando.
Ademais, conoceránse as principais características do traballo con Power Query para a preparación dos datos, e de Power Pivot para modelar e crear cálculos con DAX, para finalmente pasar estos datos a un proxecto con Power BI.

Competencias a desenvolver

Durante o curso os participantes aprenderán a:

  • Conectarse aos datos, darlles forma e cargarlos para a su análise.
  • Visualizar los resultados con táboas dinámicas.
  • Crear un informe que conecte Taboas e Gráficos dinámicos para visualizar os resultados do análise sobre os datos iniciais.
  • Iniciar un Proxecto cos datos de Excel en Power BI.

Metodoloxía

Curso de 24 horas de duración nos que se intercalarán conceptos teóricos con prácticas individuais e grupais que axuden a afianzar os coñecementos aos participantes.

O curso impartirase en formato online en directo co docente, a través da ferramenta Zoom, e constará de 8 sesións dunha duración de 3 horas repartidas do seguinte xeito:

  • 1ra sesión: martes, 7 de maio de 9:30 a 12:30
  • 2da sesión: mércores, 8 de maio de 9:30 a 12:30
  • 3ra sesión: luns, 13 de maio de 9:30 a 12:30
  • 4ta sesión: martes, 14 de maio de 9:30 a 12:30
  • 5ta sesión: martes, 21 de maio de 9:30 a 12:30
  • 6ta sesión: xoves, 23 de maio de 9:30 a 12:30
  • 7ma sesión: martes, 28 de maio de 9:30 a 12:30
  • 8va sesión:  xoves, 30 de maio de 9:30 a 12:30

Temario

Módulo 1. Conexión dos datos

Aprenderanse algunhas das diferentes formas de conectar datos que se poden elexir para incorporalos ao análise. Conectaranse datos dende outro arquivo, dentro dunha carpeta, en formato txt, ou desde a web.

Módulo 2. Preparación e carga de datos

Traballarase con Power Query en algunhas das transformacións que se poden facer con esta potente ferramenta. Poderanse realizar operacións e transformacións auxiliares como combinar, transpoñer, ou anexar táboas. Todo automatizado e perfectamente preparado para a sua actualización cando haxa cambios. Decidirase que táboas se devolven aos modelo e en que condicións.

Módulo 3. Modelado de datos

Estudiarase cómo relacionar as táboas mediante un Modelo de datos. Defeniranse as relacións adecuadas, darase formato e categoría aos campos a analizar, ou crearanse xerarquías.

Módulo 4. Engadir Columnas Calculadas e Medidas con DAX

DAX é a linguaxe coa que se poderán realizar cálculos en Power Pivot. Poderase utilizar para crear columnas calculadas, pero especialmente medidas.
Coas medidas poderase incorporar ao análise todo tipo de cálculos, moitos dos cales resultarían difíciles de imaxinar cun Excel tradicional.
Traballarase coa función CALCULATE e outras funcións complementarias que permitirán modificar o contexto, como as de intelixencia de tempos, presentes en todos os análises de datos.

Módulo 5. Visualización en Taboas e Gráficos Dinámicos

Os resultados de Power Pivot representaranse utilizando Táboas e Gráficos dinámicos. Aprenderase os puntos particulares das Táboas Dinámicas cando se traballe nun modelo de datos.

Módulo 6. Integración nun Cadro de mandos

Darase forma a todo o que se vaia xerando de modo que o resultado sexa práctico, visual e interactivo, repasando diferentes técnicas e trucos de visualización de Excel.

Módulo 7. Integración nun Cadro de mandos

Power BI é a ferramenta de intelixencia de negocios de Microsoft e pode conectarse de modo directo con Excel. Aprenderase a importar o modelo de datos creado en Excel a Power BI para, desde aí, multiplicar as posibilidades de análise.

 

Scroll ao inicio