Horas:
Financiación:
Destinatarios:
Prazas
Datas, Horarios e Sesións
Data Inicio
Data Peche
Tipos Formación
Datas e horarios
Número Webinars
Enlace ao curso
Necesidades, prerrequisitos e inf. xeral
Necesidades a cubrir
Prerrequisitos
Carácter
Medios necesarios
Datos persoal Formador e Titor
Persoal formador
Empresa contratada
Titor
Descrición
Turnitin é un servizo de prevención de plaxio en internet creado por iParadigms, LLC, lanzado por primeira vez en 1997. Controla os potenciais contidos non orixinais mediante unha comparación dos papers enviados a varias bases de datos que utilizan un algoritmo propietario. Escanea as súas propias bases de datos, e tamén ten acordos de licenciamiento con grandes bases de datos académicas privadas. Turnitin pode ser de gran axuda para garantir a calidade final e a orixinalidade, ademais de identificar os puntos débiles do texto.
No ámbito académico, Turnitin é unha ferramenta que permite ao profesorado realizar unha comprobación dos traballos dos estudantes axudando á detección de citas incorrectas ou posible plaxio. Este software vai permitir coñecer o grao de similitude, nos documentos elaborados polos estudantes, servindo de guía para que se responsabilicen do seu traballo e citen de forma axeitada.
Competencias a desenvolver
Ao rematar o curso o alumno será capaz de:
- Crear unha conta
- Crear unha clase
- Crear un exercicio
- Subir documentos para analizar o plaxio que estes poidan conter
- Realizar unha subida rápida de documentos
- Navegar e entender as similitudes encontradas no documento a analizar
- Borrado de documentos
Metodoloxía
A formación impartirase nun formato presencial, de sesión en directo, onde os asistentes irán aprendendo de xeito práctico todo o necesario para completar satisfactoriamente todo o procedemento que acarrea o análise de plaxio dun documento coa ferramenta Turnitin.
Os asistentes contarán en todo momento có apoio do profesor, asi como, có apoio do equipo do Consocio CIXUG que os axudarán durante todo o proceso. Ademáis, contarán con guías físicas na que se explican detalladamente todos os procesos a levar a cabo.
Temario
-
Antiplaxio, Turnitin
-
Alcance contrato
-
Informe de orixinalidade
-
Estrutura funcional/Roles
-
Procedementos:
- Crear unha conta
- Modificar contraseña
- Crear clase
- Crear exercicio
- Subir documentos. Rol estudiante
- Subida Rápida
- Análise de similitudes