Horas:
Financiación:
Destinatarios:
Prazas
Datas, Horarios e Sesións
Data Inicio
Data Peche
Tipos Formación
Datas e horarios
Número Webinars
Enlace ao curso
Necesidades, prerrequisitos e inf. xeral
Necesidades a cubrir
Prerrequisitos
Carácter
Medios necesarios
Datos persoal Formador e Titor
Persoal formador
Empresa contratada
Titor
Descrición
Docker é un proxecto de código aberto que automatiza o despregamento de aplicacións dentro de contenedores de software, proporcionando unha capa adicional de abstracción e automatización de virtualización de aplicacións en múltiples sistemas operativos.
A tecnoloxía de contenedores, especialmente Docker, é fundamental para o persoal de TIC nunha empresa ou institución debido á súa capacidade para garantir que as aplicacións funcionen de forma consistente en calquera contorna, eliminando problemas de compatibilidade. Isto facilita a colaboración entre desenvolvemento e operacións, facendo o ciclo de vida do software máis áxil e eficiente. Ademais, os contenedores melloran a escalabilidade, flexibilidade e seguridade das infraestruturas tecnolóxicas, optimizando o uso dos recursos e permitindo responder rapidamente ás necesidades cambiantes. Aprender os fundamentos e o manexo de Docker é crucial para modernizar a xestión e despregue de aplicacións e estar á vangarda das mellores prácticas da industria.
Competencias a desenvolver
- Comprender os conceptos básicos de despregue de aplicacións e servizos en contenedores.
- Instalar e configurar Docker en contornas de desenvolvemento e de producción.
- Administrar contenedores e imaxes Docker.
- Despregar servizos utilizando Docker.
- Monitorizar e xestionar servizos dockerizados.
Metodoloxía
Impartición da actividade formativa en modalidade aula virtual, a través da plataforma de Zoom, con persoal cualificado, especializado na materia e con ampla experiencia no desenvolvemento de solucións informáticas.
As sesións en directo combinarán explicacións teóricas con demostracións prácticas en tempo real.
A programación destas xornadas é a seguinte:
- 1ra sesión: martes, 17 de setembro
- 2da sesión: xoves, 19 de setembro
- 3ra sesión: martes, 24 de setembro
- 4ta sesión: xoves, 26 de setembro
Tamén se proporán actividades aos alumnos para poder facer un seguimento da consecución dos obxectivos do curso por parte dos alumnos. As actividades propostas poden ser cuestionarios, entregas de exercicios, participación en foros de preguntas, entre outras.
Os alumnos contan co apoio do docente do curso para resolver calquera dúbida.
Temario
1. Introdución a Docker (3 horas)
- Que é Docker: historia e evolución.
- Vantaxes e inconvintes do uso de contenedores.
- Arquitectura de Docker: contenedores, imaxes e volumes.
- Docker Hub.
2. Instalación e configuración (2 horas)
- Instalación de Docker.
- Configuración e posta en marcha.
- Verificación e diagnose.
3. Administración básica de Docker (5 horas)
- Comandos básicos de Docker.
- Creación e xestión de contenedores a partir de imaxes.
- Xestión do ciclo de vida dos contenedores.
- Creación e xestión de volumes.
- Persistencia de datos nos contenedores.
4. Despregue de Servizos (5 horas)
- Docker Compose
- Definición de servizos nun arquivo docker-compose.yml.
- Creación e xestión de aplicacións multi-contenedor.
- Xestión de dependencias entre servizos.
5. Monitorización e Xestión de Servizos Dockerizados (5 horas)
- Monitorización básica con Docker. Inspección e estatísticas dende a liña de comandos.
- Integración con ferramentas de monitorización.
- Xestión de rexistros de actividade (logs).
- Prácticas de solución de problemas: diagnóstico e estratexias de resolución.