Horas:
Financiación:
Destinatarios:
Prazas
Datas, Horarios e Sesións
Data Inicio
Data Peche
Tipos Formación
Datas e horarios
Número Webinars
Enlace ao curso
Necesidades, prerrequisitos e inf. xeral
Necesidades a cubrir
Prerrequisitos
Carácter
Medios necesarios
Datos persoal Formador e Titor
Persoal formador
Empresa contratada
Titor
Descrición
Maxima é un sistema de álxebra computacional, escrito en lenguaxe Lisp e publicado baixo licenza libre de GNU GPL, que se usa para a manipulación de expresións simbólicas e numéricas, incluíndo diferenciación, integración, expansión en series de Taylor, transformadas de Laplace, ecuacións diferenciais ordinarias, sistemas de ecuacións lineais, vectores, matrices e tensores. Maxima produce resultados de alta precisión usando fraccións exactas, números enteros de precisión arbitraria e números de coma flotante con precisión variable. Adicionalmente pode facer gráficas de funcións e datos en dúas e tres dimensións.
Competencias a desenvolver
- Familiarizarse co manexo do software libre Maxima.
- Familiarizarse co manexo do contorno gráfico de usuario wxMaxima.
- Aprender a manexar números e a realizar operacións con eles, así como a creación e manexo de estructuras de datos.
- Coñecer e realizar transformacións alxebraicas, resolución de ecuacións, matrices, derivadas, integrales
- Realización de graficos en 2D e 3D
- Adquirir coñecementos de manexo de Probabilidade Estatística con Maxima
- Adquirir coñecementos básicos de programación con Maxima
Metodoloxía
Cada un dos temas consta dunha parte teórica, con documentación e videos explicativos, e dunha parte práctica, con resolución de exercicios avaliables. Ademáis a plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio a ter en conta á hora da avaliación final.
A plataforma tamen conta cunha sistema de mensaxería e foros cos que poñerse en contacto co formador para plantexar todas as dúbidas.
Temario
1. Introdución a Maxima
- Qué é Maxima?
- Instalación
- O manexo de wxMaxima
- Axuda e documentación
2. Números, operacións e estructuras de datos
3. Álxebra
- Matrices
- Polinomios e Ecuacións
4. Cálculo
- Funcións
- Derivadas
- Integrales
5. Gráficos
6. Probabilidade e Estatística