Consorcio Interuniversitario de Galicia

Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia

240075, UDC, Microsoft 365
240075
1ra Edición
Microsoft 365

Horas:

24 horas

Financiación:

Aporte Universidades

Destinatarios:

Persoal PAS

Prazas

PAS

20

PDI

PAS

PDI

PAS

PDI

Datas, Horarios e Sesións

Data Inicio

13/05/2024

Data Peche

29/05/2024

Tipos Formación

Formación Online
Aula virtual (Webinars)

Datas e horarios

09:00 a 12:00

Número Webinars

8

Enlace ao curso

Enlace non requirido ou non creado o curso na plataforma de formación.

Necesidades, prerrequisitos e inf. xeral

Necesidades a cubrir

O curso vai dirixido a profesionais das TIC que aspiran a implementar e administrar servizos na nube na súa empresa así como obter coñecementos sobre os fundamentos da nube.

Prerrequisitos

Recomendable ter coñecementos básicos das TIC ou calquera experiencia laboral no entorno das TIC.

Carácter

8 sesións de 3 horas de duración en modalidade online en directo co formador

Medios necesarios

Un ordenador con conexión a internet

Datos persoal Formador e Titor

Persoal formador

Luis Francisco Gutiérrez Ferrándiz

Empresa contratada

Vitae Consultores

Titor

Cixug

Descrición

Microsoft 365 é unha solución de productividade e colaboración na nube que ofrece unha gama de ferramentas e servizos de gran valor, xa que permite, entre outras cousas, colaborar e traballar de maneira má¡ais eficiente, xestionar o correo electrónico e a axenda de maneira profesional e protexer datos e arquivos, fancéndoos dispoñibles desde calquera dispositivo conectado.

A lo longo do curso presentaranse os principais servizos, e as súas posibles aplicacións, así como os aspectos mais importantes para a súa correcta implantación e configuración, mediante exposicións sinxelas, casos prácticos e talleres individuais e grupais. O participante poderá, así, afianzar todos os coñecementos presentados, avaliar posibles usos para a súa organización, e coñecer boas prácticas para o soporte e a resolución de problemas.

Competencias a desenvolver

Unha vez finalizado o curso o alumno adquirirán os coñecementos para:

  • Estará familiarizado có entorno de Microsoft 365 e as ferramentas e servizos dispoñibles: Outlook, Teams, SharePoint, OneNote, Planner….
  • Comprender cómo utilizar Microsoft 365 para colaborar con outros usuarios e traballar en equipo de maneira mais eficiente.
  • Comprender a utilización de Microsoft 365 para aumentar a productividade e mellorar a comunicación no lugar de traballo.
  • Proporcionar as habilidades necesarias para configurar e administrar usuarios e grupos en Microsoft 365.
  • Aprender cómo configurar e administrar a seguridade e o cumprimento en Microsoft 365.

Metodoloxía

Curso de 24 horas de duración nos que se intercalarán conceptos teóricos con prácticas individuais e grupais que axuden a afianzar os coñecementos aos participantes.

O curso impartirase en formato online en directo co docente e constará de 8 sesións  cunha duración de 3 horas repartidas do seguinte xeito:

  • 1ra sesión: luns 13 de maio de 9:00 a 12:00 horas.
  • 2da sesión: mércores 15 de maio de 9:00 a 12:00 horas.
  • 3ra sesión: xoves 16 de maio de 9:00 a 12:00 horas.
  • 4ta sesión: luns 20 de maio de 9:00 a 12:00 horas.
  • 5ta sesión: mércores 22 de maio de 9:00 a 12:00 horas.
  • 6ta sesión: venres 24 de maio de 9:00 a 12:00 horas.
  • 7ma sesión: luns 27 de maio de 9:00 a 12:00 horas.
  • 8ta sesión: mércores 29 de maio de 9:00 a 12:00 horas.

Temario

1. Presentación xeral de Microsoft 365: conceptos básicos de nube, principais servizos de Microsoft 365, plans e prezos.

2. Xestión de usuarios e grupos: crear e xestionar usuarios e grupos en Microsoft 365, asignación de licenzas e configuración de roles de administrador.

3. Xestión de correo electrónico e calendario: configurar e administrar o correo electrónico en Microsoft 365, creación de regras, vistas, firmas, xestión de calendarios, dispoñibilidade…

4. Traballo colaborativo mediante SharePoint: Creación de sitios, permisos e grupos, listas e bibliotecas, metadatos.

5. Xestión de arquivos: organizar e compartir arquivos en OneDrive, configuración de permisos, compartir con terceiros, xestión de versións, enlace con sitios SharePoint…

6. Xestión da comunicación: cómo utilizar Microsoft Teams e outras ferramentas de comunicación en Microsoft 365 para mellorar a colaboración (incluíndo usuarios externos) e a productividade.

7. Manexo e control de tarefas con Planner e To-Do: Planificación de proxectos, asignacións, control de progreso, integración con Outlook e Teams.

8. Rexistro de información mediante Forms: Creación de formularios, lóxica condicional, cuestionarios, integración con outras ferramentas de productividade: Teams, Excel…

9. PowerPlatform: Introdución básica de automatización de tarefas con PowerAutomate, e de creación de aplicacións con PowerApps, ferramentas que permiten o desenvolvemento sen apenas coñecemento de programación.

10. Outras ferramentas: Sistemas de contido compartido e presentación (Sway, Whiteboard…), Approvals para xestión de solicitudes, OneNote para toma de notas en equipo, Bookings como sistema de xestión de reservas e reunións…

Scroll ao inicio