Horas:
Financiación:
Destinatarios:
Prazas
Datas, Horarios e Sesións
Data Inicio
Data Peche
Tipos Formación
Datas e horarios
Número Webinars
Enlace ao curso
Necesidades, prerrequisitos e inf. xeral
Necesidades a cubrir
Prerrequisitos
Carácter
Medios necesarios
Datos persoal Formador e Titor
Persoal formador
Empresa contratada
Titor
Descrición
Scribus é un programa multiplataforma de maquetación, atópase dispoñible e de balde para ser descargado na seguinte URL: https://www.scribus.net/downloads/stable-branch/ liberado baixo a licenza GNU GPL de software libre.
Neste curso atoparanse apuntes, vídeos e exercicios para aprender e comezar a dominar a maquetación.
Competencias a desenvolver
1. Visión do distinto software DTP (Publicación de escritorio e autoedición)
2. Manexo da contorna de Scribus
3. Maquetación Avanzada
4. Exportación de traballos en distintos formatos
Metodoloxía
Cada un dos temas consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de Scribus. Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación.
A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que será tido en conta:
- Participación (10 horas de conexión como mínimo).
- Avaliación continua, mediante realización de exercicios, consultas nos foros, etc...
- Posibilidade dunha proba final.
Realizaranse 4 videoconferencias voluntarias de aproximadamente 1 hora de duración, a través da plataforma Zoom, nas que plantexar e solucionar dúbidas así como outros aspectos e dinámicas.
Ditas videoconferencias levaranse a cabo nas seguintes datas:
- martes 7 de maio ás 17:30h
- luns 13 de maio ás 08:45h
- venres 24 de maio ás 08:45h
- martes 25 de maio ás 16:00h
Temario
1. Introducción ao curso (1 hora)
- Software Libre e software non libre
- Cultura Libre e Creative Commons
- Obter recursos libres
- Formatos estándares
- Software DTP
- Software comercial privativo vs Scribus
- Obtención e descarga
2. Introducción a Scribus (4 horas)
- Espazo de traballo
- Configurar un novo documento
- Ferramentas de texto
- Inserción básica de imaxes
- Inserción de texto doutros documentos
- Estilos de parágrafos
- Xestión de ficheiros e de proxectos
- Inserción de novas páxinas
- Configuración básica da contorna
- Menús contextuais
- Panel de propiedades
- X,Y,Z
- Forma
- Texto
- Imaxe
- Liñas
- Cores
- Control do fluxo de textos
- Historial de accións
- Traballo con capas
- Formas xeométricas
3. Maquetación avanzada (14 horas)
- Esquema
- Aliñar e distribuir
- Ordenado de páxinas
- Medidas
- Álbum de recortes
- Formas complexas
- Traballo con polígonos
- Conversión a cadros de texto
- Guías e táboas de maquetación
- O editor interno de estilos
- Modelos de traballo
- Xestión da cor
- Degradados
- Novas cores
- Cores de/para imprenta
- Importar cores e paletas de cores
- Creación de índices
- Configuración avanzada
- Formularios
4. Finalización e entrega (1 hora)
- Recolección para a saída
- Exportación a PDF
- Exportación a formatos de imaxe
- Exportación a outros formatos
- Opcións avanzadas de impresión