Horas:
Financiación:
Destinatarios:
Prazas
Datas, Horarios e Sesións
Data Inicio
Data Peche
Tipos Formación
Datas e horarios
Número Webinars
Enlace ao curso
Necesidades, prerrequisitos e inf. xeral
Necesidades a cubrir
Prerrequisitos
Carácter
Medios necesarios
Datos persoal Formador e Titor
Persoal formador
Empresa contratada
Titor
Descrición
Microsoft 365 é unha solución de productividade e colaboración na nube que ofrece unha gama de ferramentas e servizos de gran valor, xa que permite, entre outras cousas, colaborar e traballar de maneira má¡ais eficiente, xestionar o correo electrónico e a axenda de maneira profesional e protexer datos e arquivos, fancéndoos dispoñibles desde calquera dispositivo conectado.
A lo longo do curso presentaranse os principais servizos, e as súas posibles aplicacións, así como os aspectos mais importantes para a súa correcta implantación e configuración, mediante exposicións sinxelas, casos prácticos e talleres individuais e grupais. O participante poderá, así, afianzar todos os coñecementos presentados, avaliar posibles usos para a súa organización, e coñecer boas prácticas para o soporte e a resolución de problemas.
Competencias a desenvolver
Unha vez finalizado o curso o alumno adquirirán os coñecementos para:
- Estará familiarizado có entorno de Microsoft 365 e as ferramentas e servizos dispoñibles: Outlook, Teams, SharePoint, OneNote, Planner….
- Comprender cómo utilizar Microsoft 365 para colaborar con outros usuarios e traballar en equipo de maneira mais eficiente.
- Comprender a utilización de Microsoft 365 para aumentar a productividade e mellorar a comunicación no lugar de traballo.
- Proporcionar as habilidades necesarias para configurar e administrar usuarios e grupos en Microsoft 365.
- Aprender cómo configurar e administrar a seguridade e o cumprimento en Microsoft 365.
Metodoloxía
Curso de 24 horas de duración nos que se intercalarán conceptos teóricos con prácticas individuais e grupais que axuden a afianzar os coñecementos aos participantes.
O curso impartirase en formato online en directo co docente e constará de 6 sesións de unha duración de 4 horas repartidas do seguinte xeito:
- 1ra sesión: luns 18 de setembro de 10 a 14 horas.
- 2da sesión: mércores 20 de setembro de 10 a 14 horas.
- 3ra sesión: venres 22 de setembro de 10 a 14 horas.
- 4ta sesión: luns 25 de setembro de 10 a 14 horas.
- 5ta sesión: mércores 27 de setembro de 10 a 14 horas.
- 6ta sesión: venres 29 de setembro de 10 a 14 horas.
Temario
1. Presentación xeral de Microsoft 365: conceptos básicos de nube, principais servizos de Microsoft 365, plans e prezos.
2. Xestión de usuarios e grupos: crear e xestionar usuarios e grupos en Microsoft 365, asignación de licenzas e configuración de roles de administrador.
3. Xestión de correo electrónico e calendario: configurar e administrar o correo electrónico en Microsoft 365, creación de regras, vistas, firmas, xestión de calendarios, dispoñibilidade…
4. Traballo colaborativo mediante SharePoint: Creación de sitios, permisos e grupos, listas e bibliotecas, metadatos.
5. Xestión de arquivos: organizar e compartir arquivos en OneDrive, configuración de permisos, compartir con terceiros, xestión de versións, enlace con sitios SharePoint…
6. Xestión da comunicación: cómo utilizar Microsoft Teams e outras ferramentas de comunicación en Microsoft 365 para mellorar a colaboración (incluíndo usuarios externos) e a productividade.
7. Manexo e control de tarefas con Planner e To-Do: Planificación de proxectos, asignacións, control de progreso, integración con Outlook e Teams.
8. Rexistro de información mediante Forms: Creación de formularios, lóxica condicional, cuestionarios, integración con outras ferramentas de productividade: Teams, Excel…
9. PowerPlatform: Introdución básica de automatización de tarefas con PowerAutomate, e de creación de aplicacións con PowerApps, ferramentas que permiten o desenvolvemento sen apenas coñecemento de programación.
10. Outras ferramentas: Sistemas de contido compartido e presentación (Sway, Whiteboard…), Approvals para xestión de solicitudes, OneNote para toma de notas en equipo, Bookings como sistema de xestión de reservas e reunións…