Consorcio Interuniversitario de Galicia

Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia

230067, CXG, Calc Avanzado, Rafa
230067
1ra Edición
LibreOffice Calc Avanzado

Horas:

24 horas

Financiación:

Aporte Universidades

Destinatarios:

Persoal PAS, Persoal PDI

Prazas

PAS

5

PDI

5

PAS

5

PDI

5

PAS

5

PDI

5

Datas, Horarios e Sesións

Data Inicio

29/05/2023

Data Peche

30/06/2023

Tipos Formación

Formación Online
Aula virtual (Webinars)

Datas e horarios

Martes, 16:30 a 17:30

Número Webinars

4

Enlace ao curso

Enlace non requirido ou non creado o curso na plataforma de formación.

Necesidades, prerrequisitos e inf. xeral

Necesidades a cubrir

Un dominio profesional da folla de cálculo require unha profundización nos temas que se tratan nun curso de iniciación a Calc, así como adquirir novas habilidades en ferramentas para a análise de datos e dominar as ferramentas gráficas que ofrece LibreOffice en tódolos programas que integran a suite ofimática.

Prerrequisitos

Habilidades informáticas básicas. Manexo básico dunha folla de cálculo, coñecemento da contorna de traballo, funcións básicas, referencias, edición e formatos de cela.

Carácter

Formación en liña a través da Aula Virtual do CIXUG: https://formar.cixug.es/

Medios necesarios

Un ordenador con acceso a Internet. Instalación de LibreOffice Calc.

Datos persoal Formador e Titor

Persoal formador

Rafael Rodríguez Gayoso

Empresa contratada

Control Suprimir S.L.U.

Titor

CIXUG

Descrición

Coa vista posta na mellora do dominio da folla de cálculo, este curso aborda conceptos como a xestión de estilos e a súa aplicación, ou un mellor desenvolvemento daquelas funcións de maior frecuencia de uso e que nos axudarán a mellorar os resultados diarios cando manexamos unha folla de cálculo de LibreOffice Calc.

Competencias a desenvolver

• A definición e modificación de estilos de cela para aplicar formatos con elegancia e produtividade.
• Un amplo dominio da formulación e o uso de nomes de intervalos de celas.
• Como atopar a función de Calc grazas ao Asistente de funcións, e un percorrido sobre diferentes tipos de funcións para sumar e contar, manipular textos ou datas, atopar valores dentro de táboas de datos e aplicar a lóxica para amosar resultados alternativos nas celas.
• Unha práctica intensa do aniñamento de funcións que permitirá utilizar de xeito combinado diferentes funcións dentro da mesma fórmula.
• O dominio dos formatos condicionais para resaltar conxuntos de celas que cumpran determinados criterios, así como mellorar a presentación de certos valores co uso automatizado de iconas, barra de datos e escala de cores.
• A planificación de proxeccións de datos mediante o solucionador, e a busca do valor destino.
• Un profundo coñecemento do manexo de táboas dinámicas para analizar e resumir grandes cantidades de datos.
• O dominio dos diferentes niveis de protección de documentos.

Metodoloxía

Formación en liña – Acceso monitorizado a contidos teóricos e laboratorios prácticos. Os laboratorios poden visualizarse a través de sesións gravadas e que os participantes poden replicar nos seus equipos.
Para o acceso aos contidos, os participantes deben dispoñer dun navegador web e conexión a Internet. Para poder realizar as entregas de exercicios é necesario contar cun acceso a unha instalación de LibreOffice Calc, versión 6.3 ou superior. Ademais, é aconsellable ter configurada a interface en idioma Galego.
Realizaranse 4 videoconferencias voluntarias de aproximadamente 1 hora de duración, a través da plataforma Zoom, nas que plantexar e solucionar dúbidas así como outros aspectos e dinámicas.

Ditas videoconferencias realizaranse nas seguintes datas e horarios:

  • martes 30 maio - 16:30-17:30
  • martes 13 xuño - 16:30-17:30
  • martes 20 xuño - 16:30-17:30
  • martes 27 xuño - 16:30-17:30

 

Temario

1. Traballo con estilos

2. Formulación avanzada

  • Uso de asistentes
  • Funcións de CONTARSE e SUMARSE
  • Funcións de cálculo con datas
  • Funcións de texto
  • Función SE
  • Función PROCV
  • Referencias mixtas

3. Formatos condicionais

  • Estilos de cela
  • Iconas, barras de datos e escala de cores
  • Baseado en fórmulas

4. Táboas dinámicas

  • Creación de táboas dinámicas
  • Modificación de táboas dinámicas
  • Agrupación de datos en táboas dinámicas

5. Protección de documentos

6. Traballar con hipóteses

Scroll ao inicio