Horas:
Financiación:
Destinatarios:
Prazas
Datas, Horarios e Sesións
Data Inicio
Data Peche
Tipos Formación
Datas e horarios
Número Webinars
Enlace ao curso
Necesidades, prerrequisitos e inf. xeral
Necesidades a cubrir
Prerrequisitos
Carácter
Medios necesarios
Datos persoal Formador e Titor
Persoal formador
Empresa contratada
Titor
Descrición
Todas as peticións que recibe unha aplicación teñen que pasar por unha capa de recepción, onde se recolle toda a información desta (parámetros, formulario) antes de ser procesada. Durante o curso centrarémonos na implementación desta capa mediante a utilización de Spring MVC.
O curso estará dividido en dúas seccións:
- Unha primeira onde definiremos todos os conceptos de Spring MVC, e crearemos unha API REST para comprender facilmente as diferentes anotacións e conceptos.
- Unha segunda fase, onde se discutirán os conceptos de vista e os servizos axeitados para devolver páxinas web usando Spring MVC xunto con Thymeleaf.
Competencias a desenvolver
Crear unha capa de recepción de solicitudes usando Spring MVC.
Con Spring MVC crearemos a capa necesaria para recibir solicitudes dunha API REST, como a posibilidade de xerar vistas HTML co soporte da librería Thymeleaf.
Metodoloxía
O curso constará dunha parte teórica intercalada con exercicios prácticos, que se lle proporán ao alumno para que os resolva antes de facelo conxuntamente. Desta forma, o alumno poderá afianzar os conceptos teóricos que se vaian vendo en cada capítulo.
Temario
1. Iniciación a Spring Boot
- Que é Spring Boot?
- Arquitectura dun proxecto con Spring Boot
- Crear un primeiro proxecto con Spring Boot
2. Anotacións e definición de servizos REST
- Tipo de anotacións de clases e métodos
- Defición de URL e accesos
- Control de tipo de petición de HTTP
- Formatos admitidos
- Recepción de parámetros e corpos de mensaxe.
3. Negociación de contido e conversores
- Spring MVC Content Negotiation
- Conversor de resultado
4. Vistas de HTML con Spring MVC e Thymealeaf
- Iniciación a Thymeleaf
- Montar web con Thymeleaf e Spring Boot