Horas:
Financiación:
Destinatarios:
Prazas
Datas, Horarios e Sesións
Data Inicio
Data Peche
Tipos Formación
Datas e horarios
Número Webinars
Enlace ao curso
Necesidades, prerrequisitos e inf. xeral
Necesidades a cubrir
Prerrequisitos
Carácter
Medios necesarios
Datos persoal Formador e Titor
Persoal formador
Empresa contratada
Titor
Descrición
O desenrolo de aplicacións en Java leva anos apoiándose en diferentes ferramentas para xestión e construción de proxectos e distintos frameworks para axudar no proceso de desenrolo, o mantemento y en toda a vida do proxecto.
Unha ferramenta, que leva destacando por encima do resto na última década, para a xestión e construción de proxectos é MAVEN. Neste curso plantearase un desde cero, comentando todas as oportunidades que nos ofrece esta ferramenta e o traballo con distintos repositorios de librerías, externo ou internos.
Un framework consolidado no mundo Java é Spring, que proporciona diferentes librerías para apoiar en todas as capas de desenrolo (vista, modelo, negocio, procesos de almacenado…). Inicialmente empezou como un inxector de dependencias, que permitía realizar a separación por capas do código dunha forma moito más sinxela, hoxe en día dan soporte a multitude de circunstancias distintas, ademais de engadir o traballo con outras librerías externas a Spring dunha forma fácil e sinxela como pode ser CXF, Apache Camel, etc. No curso tocaranse o uso de Spring en cada unha das capas do proxecto, así como a configuración deste.
Competencias a desenvolver
Aprendizaxe para construir un proxecto có framework de Spring en lenguaxa Java
Metodoloxía
Cada un dos temas constará dunha parte teórica, onde se proporcionarán os coñecementos necesarios para abordar unha segunda parte práctica asociada a cada un dos temas.
Xuntando todas as partes practicas do curso, o rematar, cada un dos alumnos programaría a súa pequena plataforma de xestión de materias e alumnos.
Ademais, os últimos 30 min de cada clase, os alumnos poderán realizar consultas sobre o tema e poderán abordar en profundidade as dúbidas pertinentes.
Temario
Día 1: Iniciación a Maven
- Presentación do curso
- Maven e os seus obxectivos
- Instalación e configuración
- Arquetipos
- Creación dun proxecto
Día 2: Traballando con Maven
- Ciclo de vida
- Perfiles de Maven
- Principais plugins e iniciación á creación dun plugin propio
- Instalación de Artefactory como repositorio de empresa
- Gradle. A evolución de Maven
Día 3: Iniciación a Spring
- Que é Spring?
- Inxección de dependencias
- Crear un primeiro proxecto con Spring
Día 4: Spring Boot
- Autoconfiguración
- Configuración mediante clases Java
- Arranque dun proxecto mediante Tomcat ou Tomcat embebido
Día 5: Arquitectura e Spring WEB
- Iniciación de Spring WEB
- Servizos REST con Spring MVC
Día 6: Spring WEB
- Integración de CXF con Spring
- Thymeleaf como ferramenta para presentación de páxinas web
Día 7: Spring Data (JPA y JDBC)
- Iniciación á capa do modelo con Spring
- Spring JDBC e JDBC Template
- Integración con Hiberntate
Día 8: Spring Data (JPA e JDBC)
- Spring Data
- Crear consultas con criteria e specifications
Día 9: Iniciación a Spring Security e finalización do curso
- Configurar Spring Security
- Securizar Spring WEB mediante configuración e anotacións
- Conclusións