Consorcio Interuniversitario de Galicia

Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia

210070, OSL, LPIC 101, Rafa
210070
1ra Edición
LPIC-101: Linux Administrator
Amtega, Nuevo

Horas:

60 horas

Financiación:

Convenio Amtega

Destinatarios:

Persoal TIC

Prazas

PAS

4

PDI

0

PAS

4

PDI

0

PAS

4

PDI

0

Datas, Horarios e Sesións

Data Inicio

12/07/2021

Data Peche

31/10/2021

Tipos Formación

Formación Online

Datas e horarios

Pendente.

Número Webinars

Necesidades, prerrequisitos e inf. xeral

Necesidades a cubrir

O programa de formación LPI de Linux Professional Institute está especialmente deseñado para proporcionar os coñecementos e habilidades necesarios para administrar calquera das distribucións dos sistemas operativos Linux e as súas ferramentas asociadas. LPIC-1é a primeira certificación no programa profesional de multinivel de LPI. Este nivel validará a capacidade do/a candidato/a para realizar tarefas de mantemento dende a liña de comandos, instalar e configurar un sistema baseado en Linux e configuración básica de redes. Para obter a certificación, os candidatos deben ser capaces de instalar e manter unha estación de traballo Linux, incluíndo X11 e a súa configuración como cliente de servizos de rede. Demostrará coñecementos para traballar dende a liña de comandos, incluíndo os comandos máis comúns de GNU e Unix. Xestión de ficheiros e os seus permisos de acceso, e a execución de tarefas de mantemento sinxelas.

Prerrequisitos

Coñecementos básicos de xestión de sistemas operativos.

Carácter

Formación en liña a través da Aula virtual do CIXUG: https://formar.cixug.es

Medios necesarios

Un ordenador con acceso a Internet

Datos persoal Formador e Titor

Persoal formador

Rafael Rodríguez Gayoso

Empresa contratada

Titor

CIXUG

Descrición

O presente curso oficial impartido en formato online constitúe o itinerario formativo e de certificación deseñado pola prestixiosa organización internacional Linux Professional Institute (LPI) para a correcta preparación do seu nivel profesional de certificación LPIC-1.

Competencias a desenvolver

Desenvolvido desde unha ortentación á aprendizaxe baseada na práctica, o curso proporcionará ao estudante acceso a ferramentas mediante as que levará a cabo multitude de laboratorios e escenarios reais que se propoñen ao longo da formación, tanto con distribucións baseadas en Debian, como en RedHat (CentOS).

Metodoloxía

Formación en liña - Acceso titorizado a contidos teóricos e laboratorios prácticos. Os laboratorios poden visualizarse a través de sesións gravadas e que os participantes poden replicar nos seus equipos.

Para o acceso aos contidos, os participantes deben dispoñer dun navegador web e conexión a Internet. Para poder seguir os laboratorios é recomendable ter un equipo informático con suficientes requisitos para poder traballar cunha máquina virtual (Virtualbox, por exemplo), que serán xestionadas a través de Vagrant.

Temario

Módulo 101-500

    1. 101 Arquitectura do sistema
      • 101.1 Configurar os axustes de hardware
      • 101.2 Inicio do sistema
      • 101.3 Modificar os niveis de execución. Apagar e reiniciar o sistema.
    2. 102 Instalación de Linux e xestión de paquetes
      • 102.1 Deseño do esquema de participado do disco duro
      • 102.2 Instalar un xestor de arranque
      • 102.3 Xestión de librarías compartidas
      • 102.4 Xestión de paquetes Debian
      • 102.5 Xestión de paquetes RPM e YUM
      • 102.6 Linux como sistema virtualizado
    3. 103 Comandos GNU e Unix
      • 103.1 Traballar dende a liña de comandos
      • 103.2 Procesar secuencias de texto a través de filtros
      • 103.3 Xestión básica de ficheiros
      • 103.4 Uso de secuencias de texto, tubarias e redireccionamento
      • 103.5 Crear, supervisar e finalizar procesos
      • 103.6 Modificar a prioridade de execución dos procesos
      • 103.7 Realizar buscas en ficheiros de texto a través de expresións regulares
      • 103.8 Edición básica de ficheiros
    4. 104 Dispositivos, sistemas de ficheiros Linux e o estándar de xerarquía de ficheiros
      • 104.1 Creación de particións e sistemas de ficheiros
      • 104.2 Manter a integridade dos sistemas de ficheiros
      • 104.3 Controlar a montaxe e desmontaxe dos sistemas de ficheiros
      • 104.4 Administración dos permisos e os propietarios dos ficheiros
      • 104.5 Crear e cambiar enlaces duros e simbólicos
      • 104.6 Atopar ficheiros de sistema e situar ficheiros no lugar axeitado
Scroll ao inicio