Horas:
Financiación:
Destinatarios:
Prazas
Datas, Horarios e Sesións
Data Inicio
Data Peche
Tipos Formación
Datas e horarios
Número Webinars
Enlace ao curso
Necesidades, prerrequisitos e inf. xeral
Necesidades a cubrir
Prerrequisitos
Carácter
Medios necesarios
Datos persoal Formador e Titor
Persoal formador
Empresa contratada
Titor
Descrición
A creación e manipulación de imaxes é unhas das labores máis habituais nos procesos creativos dixitais. Con este curso perséguese que os participantes adquiran as nocións e habilidades básicas para o tratamento de imaxes, dende retocalas ou editalas, ata crealas dende cero nunha nova composición con formas libres, de modo que non só adquiran unhas nocións básicas sobre programas de edición, senón sobre aspectos concretos de deseño gráfico.
Traballarase principalmente con GIMP, aínda que se farán alusións a outros programas de edición de imaxes, que ao igual que GIMP, tamén serían software libre, como Krita, Scribus e Inkscape entre outros. Preténdese, sobre todo, afacer ao usuario á interface particular de Gimp ao mesmo tempo que se fai un repaso polas ferramentas máis comúns e os conceptos claves necesarios para poder entender calquera documentación, taller ou titorial posterior sobre estes programas.
Competencias a desenvolver
- Coñecer os principais sistemas e modelos que fundamentan os sistemas dixitais de creación de gráficos dixitais.
- Coñecer, obter e capacitar no uso de ferramentas dixitais para a creación e tratamento de imaxes.
- Coñecer en detalle as contornas de traballo da edición de imaxes, así como as súas ferramentas e as opcións.
- Localizar e obter imaxes de forma ética e legal para complementar as nosas composicións gráficas.
- Distinguir entre diferentes tipos de imaxes e saber o seu uso máis adecuado.
- Crear ou modificar calquera tipo de imaxe, para combinala en calquera proxecto.
- Ter presentes os conceptos básicos da cor, para poder elixir un modo de cor ou outro á hora de abordar un proxecto.
Metodoloxía
Empregaranse recursos web propios, como wikis e contornas educativas, que ademais de serviren como repositorio de información, tamén se usarán como métodos de resolución de dúbidas a través dos foros e mensaxería electrónica.
Temario
Introdución (2 horas)
- Introducción a edición dixital
- Cultura libre e Creative Commons
- Formatos de imaxe estándar
- Conceptos básicos de imaxes e cores
- Obter o software de edición de imaxes
- Acceso a recursos libres legais
Primeiros pasos (7 horas)
- Tarefas básicas de edición
- Capturar
- Escalar
- Comprimir
- Recortar
- Endereitar
- Niveis e cores
- Modos de cor
- Ollos vermellos
- Capas: Manipulación, flotantes, transformación, combinación
Pintando e seleccionando (6 horas)
- Ferramentas de pintura: pinceis, lata, gradacións...
- Clonado e reparado
- Ferramentas de selección
- Resolución de problemas frecuentes
Tratamento da cor, transformacións e filtros (5 horas)
- Textos
- Transformacións: aliñamento e perspectiva
- Ferramentas de cor: histogramas e curvas
- Máscara de capa
- Filtros
- Outras aplicacións de tratamento de imaxes