Visión e Misión
Visión
“Converternos nunha referencia nacional na incorporación das mellores prácticas nos procesos de xestión universitaria, apalancados con aplicacións informáticas que engadan o maior valor a todos os usuarios dos servizos das nosas universidades; incorporando de xeito oportuno, a nova normativa e lexislación que apliquen ao sector universitario, adaptando todo o modelo de prestación dos servizos ás esixencias do novo marco de administración electrónica”.
Misión
“Realizar un desenvolvemento ou contratación de aplicacións ou servizos de xeito coordinado, planificado, negociado e acordado, homologando os procesos ás mellores prácticas identificadas das novas aplicacións informáticas ou a incorporación de aplicacións e servizos xa existentes no mercado, en todos os ámbitos de interese do sistema universitario galego. Permitindo, tamén, levar adiante proxectos de interese, no ámbito universitario, para o sistema universitario galego e outras institucións locais, autonómicas e nacionais. Fomentando en todo momento o uso de ferramentas libres tanto para a xestión interna das universidades, como do resto da comunidade universitaria”.