
Horas:
Financiación:
Destinatarios:
Prazas
Datas, Horarios e Sesións
Data Inicio
Data Peche
Tipos Formación
Datas e horarios
Número Webinars
Enlace ao curso
Necesidades, prerrequisitos e inf. xeral
Necesidades a cubrir
Prerrequisitos
Carácter
Medios necesarios
Datos persoal Formador e Titor
Persoal formador
Empresa contratada
Titor
Descrición
Coa vista posta na mellora do dominio da folla de cálculo, este curso aborda conceptos como a xestión de estilos e a súa aplicación, ou un mellor desenvolvemento daquelas funcións de maior frecuencia de uso e que nos axudarán a mellorar os resultados diarios cando manexamos unha folla de cálculo de LibreOffice Calc.
Competencias a desenvolver
• A definición e modificación de estilos de cela para aplicar formatos con elegancia e produtividade.
• Un amplo dominio da formulación e o uso de nomes de intervalos de celas.
• Como atopar a función de Calc grazas ao Asistente de funcións, e un percorrido sobre diferentes tipos de funcións para sumar e contar, manipular textos ou datas, atopar valores dentro de táboas de datos e aplicar a lóxica para amosar resultados alternativos nas celas.
• Unha práctica intensa do aniñamento de funcións que permitirá utilizar de xeito combinado diferentes funcións dentro da mesma fórmula.
• O dominio dos formatos condicionais para resaltar conxuntos de celas que cumpran determinados criterios, así como mellorar a presentación de certos valores co uso automatizado de iconas, barra de datos e escala de cores.
• A planificación de proxeccións de datos mediante o solucionador, e a busca do valor destino.
• Un profundo coñecemento do manexo de táboas dinámicas para analizar e resumir grandes cantidades de datos.
• O dominio dos diferentes niveis de protección de documentos.
Metodoloxía
Formación en liña – Acceso monitorizado a contidos teóricos e laboratorios prácticos. Os laboratorios poden visualizarse a través de sesións gravadas e que os participantes poden replicar nos seus equipos.
Para o acceso aos contidos, os participantes deben dispoñer dun navegador web e conexión a Internet. Para poder realizar as entregas de exercicios é necesario contar cun acceso a unha instalación de LibreOffice Calc, versión 6.3 ou superior. Ademais, é aconsellable ter configurada a interface en idioma Galego.
Temario
1. Traballo con estilos
2. Formulación avanzada
- Uso de asistentes
 - Funcións de CONTARSE e SUMARSE
 - Funcións de cálculo con datas
 - Funcións de texto
 - Función SE
 - Función PROCV
 - Referencias mixtas
 
3. Formatos condicionais
- Estilos de cela
 - Iconas, barras de datos e escala de cores
 - Baseado en fórmulas
 
4. Táboas dinámicas
- Creación de táboas dinámicas
 - Modificación de táboas dinámicas
 - Agrupación de datos en táboas dinámicas