Horas:
Financiación:
Destinatarios:
Prazas
Datas, Horarios e Sesións
Data Inicio
Data Peche
Tipos Formación
Datas e horarios
Número Webinars
Enlace ao curso
Necesidades, prerrequisitos e inf. xeral
Necesidades a cubrir
Prerrequisitos
Carácter
Medios necesarios
Datos persoal Formador e Titor
Persoal formador
Empresa contratada
Titor
Descrición
Neste curso os participantes aprenderán a dominar catro grandes plataformas de intelixencia artificial xenerativa — ChatGPT, Claude, Gemini e Microsoft Copilot — aplicadas ao ámbito profesional, tanto no sector público como no privado.
ChatGPT é a plataforma de OpenAI, referente mundial na IA xenerativa. Coa súa última versión GPT-5.4, destaca polo seu potente razoamento, a análise de datos e documentos, e a posibilidade de crear asistentes personalizados mediante os Custom GPTs.
Claude é o asistente de Anthropic, especialmente valorado para o traballo documental profundo. Con capacidade para procesar textos moi extensos e ferramentas como Cowork, permite automatizar tarefas directamente no escritorio do usuario de forma autónoma.
Gemini é a aposta de Google, integrada de xeito nativo en todo o ecosistema de Google Workspace. Destaca pola súa capacidade multimodal e por NotebookLM, unha ferramenta única para investigar e traballar con fontes verificables sen alucinacións.
Microsoft Copilot é a IA integrada no ecosistema Office 365, ideal para organizacións que xa traballan con Word, Excel, PowerPoint, Outlook ou Teams. Permite automatizar tarefas cotiás e crear axentes propios sen necesidade de programar.
Ao longo de oito módulos, o curso abrangue desde os fundamentos da IA e as técnicas avanzadas de prompting, ata o deseño e despregamento de axentes de IA e equipos multiaxente, pasando polo marco legal europeo (EU AI Act, RGPD) e os casos de uso reais en empresas e administracións.
Competencias a desenvolver
- Dominar as 4 grandes plataformas de IA xenerativa: ChatGPT (GPT-5.4), Claude (Opus 4.6), Gemini (3.1 Pro) e Microsoft Copilot.
- Aplicar técnicas avanzadas de prompting para tarefas profesionais reais en calquera sector.
- Utilizar cada plataforma con documentos, datos, imaxes e ferramentas multimodais.
- Coñecer as diferenzas de aplicación entre o sector público (RGPD, EU AI Act, transparencia) e o sector privado (produtividade, competitividade, innovación).
- Comprender que son os axentes de IA, como funcionan e como crealos sen programar.
- Deseñar e despregar equipos de axentes que colaboran para resolver tarefas complexas.
- Desenvolver un portfolio persoal de competencias en IA que diferencie ao candidato nos procesos de selección.
Metodoloxía
Acción formativa que segue unha metodoloxía eminentemente práctica, combinando os seguintes enfoques:
- Exposición guiada: presentación estructurada de conceptos con demostracións en vivo por parte do formador.
- Exercicios prácticos: actividades individuais e en grupo con ferramentas reais (ChatGPT, Claude, Gemini, Copilot). Cada participante traballa coas 4 plataformas.
- Casos reales con doble enfoque: todos os exercicios se plantexan con variantes para sector público e sector privado, maximizando a empleabilidade en ambos entornos.
O curso impartirase en formato online en directo co docente, a través da ferramenta Zoom, e constará de 9 sesións repartidas do seguinte xeito:
-
1ra sesión: martes 12 de maio de 11:00 a 13:00
-
2da sesión: venres 15 de maio de 09:00 a 11:00
-
3ra sesión: luns 18 de maio de 12:00 a 14:00
-
4ta sesión: martes 19 de maio de 11:00 a 14:00
-
5ta sesión: mércores 20 de maio de 12:00 a 14:00
-
6ta sesión: xoves 21 de maio de 11:00 a 14:00
-
7ma sesión: venres 22 de maio de 09:00 a 11:00
-
8va sesión: martes 26 de maio de 09:00 a 11:00
-
9na sesión: xoves 28 de maio de 09:00 a 11:00
Temario
Bloque 1. As Plataformas de IA Xenerativa
Módulo 1: Fundamentos e panorama da IA xenerativa
✓ O momento actual da IA
- Que é a IA xenerativa: modelos de linguaxe, multimodais, xeración de imaxes e vídeo.
- Os 4 grandes ecosistemas: OpenAI (ChatGPT / GPT-5.4), Anthropic (Claude Opus 4.6), Google (Gemini 3.1 Pro), Microsoft (Copilot).
- Modelos open source: Llama 4 (Meta), Mistral. Cando e por que importan.
- Como funcionan os LLMs: tokens, contexto, probabilidades, ventás de contexto (explicación non técnica).
- Limitacións que debes coñecer: alucinacións, sesgo, corte de coñecemento, confidencialidade.
✓ A IA como competencia profesional
- Como a IA está a cambiar o mercado laboral: perfís que gañan valor, tarefas que se automatizan.
- A IA como multiplicador: non substitúe ao profesional, potencia a quen sabe usala.
- Incluír a IA no CV e nas entrevistas: como demostrar competencia real.
- O rol do criterio humano: a IA propón, ti decides.
✓ Prompting: a habilidade transversal
- Anatomía dun bo prompt: rol + contexto + tarefa + formato + restricións.
- Técnicas: few-shot, chain-of-thought, delimitadores, prompts iterativos.
- Prompting para traballo profesional: redacción, análise, síntese, creatividade, aprendizaxe.
- Erros comúns e como evitalos.
Módulo 2: ChatGPT – O estándar de mercado
✓ ChatGPT en profundidade
- Modelo GPT-5.4 (marzo 2026): razoamento avanzado, computer use nativo, contexto de 1M tokens.
- GPT-5.4 Thinking: planificación upfront, steerability en tempo real.
- Plans: Free, Plus, Team, Enterprise. Que inclúe cada un.
- Interface: conversacións, historial, Projects, memoria, custom instructions.
✓ Funcionalidades avanzadas
- Análise de documentos: subir PDFs, Word, Excel. Resumos, extracción, comparación.
- Análise de datos con Code Interpreter: subir CSV/Excel, gráficos, estatísticas.
- DALL-E: xeración de imaxes desde texto.
- GPT-5.4 Vision: análise de imaxes, capturas, gráficos, OCR.
- Modo de voz: interacción falada en móbil e escritorio.
- Deep Research: investigación profunda automatizada con fontes.
✓ Custom GPTs
- Crear asistentes especializados: instrucións, coñecemento (arquivos), capacidades.
- GPT Store: explorar e avaliar GPTs da comunidade.
- Caso práctico: crear un Custom GPT para preparar entrevistas de traballo.
Módulo 3. Claude. O Asistente de traballo profundo
✓ Claude e o ecosistema Anthropic
- Claude Opus 4.6 (febreiro 2026): o modelo máis avanzado de Anthropic. Ventá de 1M tokens.
- Claude Sonnet 4.6 e Haiku 4.5: cando usar cada un (rendemento vs. custo vs. velocidade).
- Claude Desktop: a aplicación con tres modos — Chat, Cowork e Code.
- Plans: Pro (20$/mes), Max, Team, Enterprise.
✓ Claude Chat e Projects
- Análise de documentos extensos: subir PDFs, contratos, informes de 100+ páxinas.
- Projects: organizar conversacións, documentos e contexto por proxecto.
- Artifacts: documentos, código e visualizacións editables dentro da conversación.
- Memoria e personalización: como Claude recorda contexto entre conversacións.
✓ Claude Cowork: o axente de escritorio
- Que é Cowork: Claude accede a cartafoles do teu ordenador e executa tarefas autonomamente.
- Demostración: organizar arquivos, xerar informes, analizar documentos — Claude traballa mentres ti fas outra cousa.
- Skills de Cowork: xerar documentos Word, Excel, PowerPoint e PDF profesionais.
- Conectores: Google Drive, Gmail, Calendar, Notion, Slack.
✓ Claude para Excel e PowerPoint
- Add-ins de Claude: IA integrada directamente dentro de Excel e PowerPoint.
- Contexto compartido (marzo 2026): unha conversación cruza ambas apps sen repetir contexto.
- Skills reutilizables: workflows dun clic compartibles en equipo.
Módulo 4. Gemini e Google Workspace con IA
✓ Gemini 3.1 Pro e o ecosistema Google
- Gemini 3.1 Pro (febreiro 2026): o modelo máis avanzado de Google. Razoamento mellorado, multimodal nativo.
- Gemini Flash 3.1 e Flash-Lite: modelos rápidos e económicos.
- Gemini na app: chat, xeración de imaxes con Nano Banana 2, Deep Research.
- Plans: gratuíto, Google AI Pro (20/mes),GoogleAIUltra(25/mes), Google AI Ultra (25 /mes),GoogleAIUltra(25/mes).
✓ Gemini integrado en Google Workspace
- Gemini en Google Docs: redacción, reescritura, resumo.
- Gemini en Google Sheets: análise de datos, fórmulas, gráficos con linguaxe natural.
- Gemini en Google Slides: xeración de presentacións.
- Gemini en Gmail: resumo de fíos, redacción de respostas.
✓ NotebookLM: investigación con fontes verificables
- NotebookLM: IA que só traballa cos teus documentos. Cero alucinacións, citación automática.
- Audio Overviews: converter documentos en podcasts explicativos.
- Video Overviews, Slide Decks, infografías, flashcards e quizzes.
- Caso de uso: preparar un tema de oposición ou un traballo de investigación con fontes verificadas.
Módulo 5. Microsoft Copilot. IA no ecosistema Office
✓ Microsoft Copilot e M365 Copilot
- Copilot Chat (gratuíto): busca con IA, xeración de contido, asistente xeral.
- Microsoft 365 Copilot (licenza): IA integrada en Word, Excel, PowerPoint, Outlook, Teams.
- Wave 3 (marzo 2026): Copilot Cowork, axentes en apps, multimodelo (GPT-5.4 + Claude).
- Copilot Studio: creación de axentes sen código (introdución — aprofúndase no Módulo 7).
✓ Copilot en acción
- Word: redacción, reescritura, resumo, xeración desde outros documentos.
- Excel: análise de datos, fórmulas, táboas dinámicas, Python en Excel.
- PowerPoint: presentacións desde prompts ou documentos.
- Outlook e Teams: resumo de correos, redacción de respostas, actas de reunións.
✓ Comparativa de plataformas: cando usar cal
- ChatGPT: mellor para xeración creativa, Custom GPTs, análise de datos con Code Interpreter.
- Claude: mellor para análise documental extenso, traballo profundo, Cowork para tarefas autónomas.
- Gemini: mellor integración con Google Workspace, NotebookLM para investigación con fontes.
- Copilot: mellor para organizacións que xa usan Microsoft 365.
- Criterio de selección: non hai unha IA mellor — hai unha IA mellor para cada tarefa.
Bloque 2. IA no mundo real: sector público e privado
Módulo 6: IA na empresa privada e no sector público
✓ IA na empresa privada
- Como usan a IA as empresas hoxe: marketing, vendas, operacións, RRHH, finanzas, atención ao cliente.
- Casos reais: startups que nacen con IA, grandes empresas que a integran, sectores transformados.
- Perfís profesionais emerxentes: prompt engineer, AI product manager, AI ops, especialista en axentes.
- Produtividade e competitividade: as empresas que non adoptan IA perden terreo.
- Ferramentas de IA máis demandadas en ofertas de emprego (2026).
✓ IA no sector público
- Como usan a IA as administracións públicas: atención ao cidadán, tramitación, xestión documental, análise de datos.
- Casos reais en España e Europa: chatbots institucionais, automatización de procesos, análise de normativa.
- Oposicións e emprego público: como a IA cambia os perfís que se necesitan.
- O Sandbox regulatorio da AESIA (Axencia Española de Supervisión da IA).
✓ Marco legal e ético: o que todo profesional debe saber
- Regulamento Europeo de IA (EU AI Act): categorías de risco, obrigas, calendario.
- RGPD e uso de IA: que datos nunca deben introducirse, anonimización, consentimento.
- Propiedade intelectual: de quen é o que xera a IA?
- Sesgos algorítmicos: que son, por que importan, como detectalos.
- Diferenzas regulatorias entre sector público (transparencia, rendición de contas, ENS) e privado (compliance, IP, vantaxe competitiva).
- Uso responsable: a IA propón, o profesional decide e é responsable.
Bloque 3. Axentes de IA e Equipos de axentes
Módulo 7: Axente de IA. Da conversación á acción
✓ Que é un axente de IA?
- A evolución: chatbot → asistente → axente. De responder preguntas a executar tarefas.
- Anatomía dun axente: modelo de IA + ferramentas + memoria + instrucións + autonomía.
- Tipos de axentes: conversacionais (responden), de proceso (automatizan), autónomos (deciden e actúan).
- O espectro de autonomía: human-in-the-loop, human-on-the-loop, human-out-of-the-loop.
✓ Axentes en cada plataforma
- Custom GPTs (ChatGPT): axentes especializados con coñecemento e ferramentas propias.
- Claude Cowork (Anthropic): axente de escritorio que executa tarefas sobre os teus arquivos.
- Claude Code: axente de desenvolvemento que escribe, executa e corrixe código autonomamente.
- Gemini Agents: axentes integrados en Google Workspace e Android.
- Microsoft Copilot Cowork (Wave 3): axente que opera dentro de M365 con tarefas de longa duración.
- Agent Builder de M365: crear axentes desde Copilot Chat sen código.
✓ Crear axentes sen programar
- Copilot Studio: plataforma low-code de Microsoft para construír axentes.
- Crear un axente en 15 minutos: descrición en linguaxe natural → axente funcional.
- Fontes de coñecemento: SharePoint, sitios web, documentos, bases de datos.
- Fluxos de axente (Agent Flows): automatizacións que o axente executa como ferramentas.
- Publicar en Teams, web, Outlook ou como extensión de M365 Copilot.
✓ Model Context Protocol (MCP): o estándar de conexión
- Que é MCP: protocolo aberto para que os axentes se conecten con ferramentas e datos externos.
- MCP en Claude, Copilot Studio, VS Code, JetBrains: un estándar compartido pola industria.
- Conectores MCP: Gmail, Google Drive, Slack, Notion, GitHub, bases de datos, APIs.
- Por que MCP importa para a túa carreira: é a fontanaría da IA axéntica.
Módulo 8: Equipos de axentes. Orquestación multiaxente
✓ Dun axente a un equipo de axentes
- Por que un só axente non abonda: tarefas complexas requiren especialización e coordinación.
- Patróns de orquestación: secuencial (pipeline), paralelo, xerárquico, colaborativo.
- O concepto de roles: un axente investiga, outro analiza, outro redacta, outro revisa.
- Comunicación entre axentes: protocolo A2A (Agent-to-Agent), delegación, resultados compartidos.
✓ Equipos de axentes na práctica
- Claude Cowork con sub-axentes: Claude divide unha tarefa complexa en subtarefas e coordina múltiples sub-axentes en paralelo.
- Microsoft Agent 365 + Copilot Studio: axentes que chaman a outros axentes, A2A, orquestación multisistema.
- Squad (GitHub): equipos de axentes precreados para desenvolvemento (lead, frontend, backend, tester).
- Frameworks de referencia: CrewAI, LangGraph, Anthropic Agent SDK, Google ADK. Visión xeral.
✓ Gobernanza de axentes e equipos
- Observabilidade: saber que fai cada axente, cando, por que e con que resultado.
- Human-in-the-loop: cando e como un humano intervén nun equipo de axentes.
- Seguridade e permisos: que pode facer cada axente, acceso a datos, accións destrutivas.
- Auditoría e cumprimento: trazabilidade de decisións tomadas por axentes.
- Diferenzas de gobernanza entre sector público (auditoría obrigatoria, transparencia) e privado (eficiencia, IP).
✓ O futuro do traballo con axentes
- O profesional como 'agent boss': supervisar equipos de axentes, non executar tarefas.
- Novos perfís: deseñador de axentes, orquestador de workflows, supervisor de IA.
- Como posicionarse profesionalmente: as competencias en axentes de IA son a nova vantaxe competitiva.