Consorcio Interuniversitario de Galicia

Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia

Consorcio Interuniversitario de Galicia
Taller de instalación de GNU/Linux na Facultade de Matemáticas da USC
Oficina de software libre
09/09/2024

A Oficina de Software Libre do CIXUG organiza un taller de instalación de GNU/Linux para estudantes de primeiro curso da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

 

A tarde do próximo 17 de setembro van ter lugar dúas sesións de instalación de GNU/Linux para estudantes de primeiro curso da Facultade de Matemáticas. O obxectivo do taller é a instalación e configuración do sistema operativo Ubuntu nos equipos persoais dos estudantes.

Esta actividade faise en colaboración có equipo docente da materia de Informática que forma parte do plan de estudos do Grao en Matemáticas.

O taller vaise impartir na Aula Informática 2, e debido ás prazas limitadas por sesión (15 por quenda) é necesario realizar a inscrición previa na seguinte ligazón:

https://i.gal/tallermat

Para calquera dúbida pode contactarse coa Oficina de Software Libre no enderezo osl@cixug.es.

Ver outras noticias....

Encontro entre o CIXUG e Unión Profesional de Galicia para o impulso do talento xoven a través do programa Xuventude Mentoring
Aberto o prazo de inscrición na sétima edición do Programa Xuventude Mentoring
Aberto o prazo de inscrición na sexta edición do Programa Xuventude Mentoring
Publicado o listaxe definitivo do proceso selectivo para a cobertura de postos temporais de Persoal Técnico de Prospección e Orientación Laboral
Scroll ao inicio