Consorcio Interuniversitario de Galicia

Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia

2022, OSL, Finalistas Premio
Convocatoria de finalistas da XV edición do Premio a mellor proxecto universitario libre
Oficina de software libre
17/10/2022

Un total de 4 finalistas son os encargados de expoñer e defender os seus traballos para obter o recoñecemento de mellor traballo fin de carreira ou mestrado con licenza libre.

 

Unha vez rematado o prazo de inscrición, o xurado revisou os proxectos presentados e seleccionou a un total de 4 finalistas, que deberán expoñer e defender os seus proxectos e demostrar porqué estos merecen o galardón de «Premio ao mellor PFC con licenza libre».

Os finalistas seleccionados, por orde de inscrición no premio, son os seguintes:

  1. Alejandro Iregui Valcarcel
  2. Pedro Guijas Bravo
  3. Pablo Marino Boga
  4. Eliseo Bao Souto

O acto de resolución do premio queda convocado da seguinte forma:

  • Data de celebración: venres 21 de outubro
  • Horario: de 16:30 a 18:30
  • Lugar de celebración: GaiasTech

A selección dos gañadores realizarase previa presentación ante o xurado do premio dos proxectos finalistas. Dita presentación deberá de ter unha duración dun máximo de 10 minutos máis unha quenda de preguntas. Ademais, esta deberá incluír, máis ou menos, os mesmos aspectos recollidos na memoria presentada para o premio: aspectos específicos do proxecto, fundamentalmente, os aspectos relativos á elección da licenza libre, ao uso de ferramentas de traballo en comunidade, á difusión e creación de comunidade, a reusabilidade do proxecto, ...

O xurado á hora de tomar a súa decisión, terá en conta os seguintes aspectos:

  • Calidade do proxecto: deseño e implementación.
  • Nivel de actividade pública do PFC: valorarase a publicación continúa do traballo, ben sexa utilizando as listas de correo dun proxecto existente, as da forxa de «mancomun» ou calquera outro medio web, coma por exemplo blogs persoais; a colaboración con outros proxectos de software libre; a correcta elección dunha licenza libre...

O CIXUG convoca este premio dentro das actividades incluídas dentro do convenio de colaboración coa AMTEGA, e no que se pretende a mellora dos mecanismos de formación e difusión do software libre no ecosistema universitario galego.

A colaboración de GPUL tamén forma parte das actividades realizadas ao abeiro do convenio de colaboración asinada coa Amtega para a promoción do software libre en Galicia.

2022-05, 12, OSL, QR, Web

Ver outras noticias....

Aberto o prazo de inscrición na quinta edición do Programa Xuventude Mentoring
Diego Barreiro é o novo gañador do Premio ao mellor traballo universitario libre.
Amplíase ata o 13 de outubro o prazo de inscrición no Premio ao mellor traballo universitario libre
Difusión do Software Libre entre as novas xeracións das universidades galegas
Scroll ao inicio