Consorcio Interuniversitario de Galicia

Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia

Novo Tradutor do CIXUG
O CIXUG incorpora un novo tradutor ao seu catálogo de servizos para a comunidade universitaria.
Oficina de software libre
29/07/2022

O CIXUG segue ampliando o catálogo dos seus servizos web e acaba de incorporar na súa pestana de “Servizos” o enlace ao que é o seu novo tradutor en aberto, baseado na versión pública de Apertium que é unha licenza GNU.

O tradutor instalado conta con, ata, 5 idiomas diferentes que poden ser configurados para cubrir as necesidades de boa parte dos usuarios da plataforma na nosa comunidade. Adicionalmente, o produto permite facer traduccións de documentos en formatos: .txt, .rtf, .odp, .ods, .odt (LibreOffice/OpenOffice), .xlsx, .pptx, .docx (MS Office 2003 e versións mais recentes). Tamen ofrece a posibilidade de traducir unha páxina web engadindo o link desta.

Por último, destacar que  dito tradutor conta con varias posibilidades á hora de obter a tradución desexada. Permitindo dende marcar as palabras descoñecidas, ata facer unha tradución instantánea ou en varios pasos.

Con  isto, o CIXUG busca engadir, cada vez  máis, valor a súa páxina web, ademais de impulsar o Software Libre e aportar novas utilidades a todas as persoas que forman parte da comunidade das universidades galegas axudando a mellorar a súa productividade.

Oficina Software Libre CIXUG

Ver outras noticias....

Aberto o proceso selectivo de postos temporais para programa Xuventude Mentoring
Alejandro Buján Pampín, gañador da XVII edición do Premio ao mellor traballo universitario libre
Taller de instalación de GNU/Linux na Facultade de Matemáticas da USC
Amplíase ata o 13 de setembro o prazo de inscrición no Premio ao mellor traballo universitario libre
Scroll ao inicio