Consorcio Interuniversitario de Galicia

Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia

2022, OSL, LibreCon
Participación na LibreCon 2022
Oficina de software libre
23/11/2022

Un ano máis, a LibreCon consegue consolidarse como un evento indispensable e de referencia no sector tecnolóxico centrado en solucións libres e de código aberto.

O congreso xuntou durante dous días a mais de 1000 profesionais no Palacio Euskalduna de Bilbao.

 

Durante as dúas xornadas, celebraronse máis de 70 actividades repartidas en diferentes espazos: Inspiration Space, Open Space, Tech Space e Demo Space.
Falouse de presente, pero sobre todo de futuro en LibreCon, xa que se abordaron temas estratéxicos, como o futuro do metaverso, a realidade sobre a ciberseguridade, as experiencias inmersivas que se están desenvolvendo no mundo da Web 3, a tokenización e as consecuencias na nosa vida diaria ou a incipiente computación cuántica e os computadores do futuro.

Entre a lista de relatores, destacamos a Ignacio Cirac, un dos cientificos españois máis premiado e recoñecido internacionalmente e unha das eminencias a nivel mundial en Quantum Computing; Luciano Belo, doutor en Seguridade Informática e Linguaxes Formais, que traballa en Suiza na Compilación de Linguaxes de Programación para Quantum Computing e Yaiza Rubio, Chief Metaverso de Telefónica.

Reinventing Openness foi o lema desta edición. Unha declaración de intencións que presenta as tecnoloxías open como clave para facer fronte ao gran reto tecnolóxico ao que nos enfrontamos en todos os ámbitos. Está organizado por ESLE, a asociación de empresas de tecnoloxías libres e coñecemento aberto de Euskadi, e My Public Inbox, a plataforma de referencia de mellora de impacto de perfís públicos en Internet. Conta, ademais, co apoio institucional do Goberno Vasco a través do Grupo SPRI, a Deputación Foral de Bizkaia e o Concello de Bilbao.

Dende o CIXUG, e mais concretamente dende a Oficina de Software Libre do Consorcio CIXUG, tivemos a oportunidade de participar e asistir a este evento de importancia abrumadora para o sector do software libre que con tanto desempeño intentamos promover entre a nosa comunidade universitaria.

Deixamosvos con un breve video da experiencia que foi o LibreCon 2022.

Oficina Software Libre CIXUG

Ver outras noticias....

Aberto o prazo de inscrición na quinta edición do Programa Xuventude Mentoring
Diego Barreiro é o novo gañador do Premio ao mellor traballo universitario libre.
Amplíase ata o 13 de outubro o prazo de inscrición no Premio ao mellor traballo universitario libre
Difusión do Software Libre entre as novas xeracións das universidades galegas
Scroll ao inicio