Consorcio Interuniversitario de Galicia

Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia

210049, OSL, Infografías, Óscar Fernández
210049
1ra Edición
Creación de infografías e deseños vectoriais
210049, OSL, Infografías, Óscar Fernández

Horas:

20 horas

Financiación:

Convenio Amtega

Destinatarios:

Persoal PAS, Persoal PDI

Prazas

PAS

5

PDI

5

PAS

5

PDI

5

PAS

5

PDI

5

Datas, Horarios e Sesións

Data Inicio

07/06/2021

Data Peche

30/06/2021

Tipos Formación

Formación Online

Datas e horarios

Pendente.

Número Webinars

Necesidades, prerrequisitos e inf. xeral

Necesidades a cubrir

O obxectivo deste curso é crear infografías e deseños vectoriais utilizando as prestacións que proporciona a ferramenta Inkscape.

Prerrequisitos

Habilidades ofimáticas básicas: uso básico de procesadores de texto ou follas de cálculo, xestión de ficheiros (copiar, mover, borrar, ...) e interacción básica con calquera sistema operativo.

Carácter

Formación en liña a través da Aula virtual do CIXUG: https://formar.cixug.es/

Medios necesarios

Un ordenador con acceso a Internet.

Datos persoal Formador e Titor

Persoal formador

Óscar Fernández Carballo

Empresa contratada

Titor

CIXUG

Descrición

A infografía é unha forma de representar información de forma visual, na que, a combinación de imaxes, diagramas e texto, resumen ou explican figurativamente ideas e conceptos.
Durante o curso utilizarase Inkscape, unha aplicación multiplataforma de código aberto liberada baixo a licenza GNU GPL. Esta aplicación encontrase dispoñible e de balde para ser descargada na seguinte URL: https://inkscape.org/es/descargas/
No curso atoparanse apuntes, vídeos e exercicios para aprender e comezar a dominar a infografía.

Competencias a desenvolver

  1. Coñecer e utilizar ferramentas para creación de imaxes e gráficos dixitais.
  2. Manexo da contorna de Inkscape.
  3. Localizar e obter imaxes de forma ética e legal para complementar as composicións gráficas.
  4. Crear ou modificar composicións visuais e adaptalas aos nosos proxectos.
  5. Ter presentes os conceptos básicos da cor, composición e escena, para a creación de infografías e composicións complexas.
  6. Mellorar a calidade de calquera traballo dixital.

 

 

Metodoloxía

Cada un dos temas consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de Inkscape. Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación.
A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que será tido en conta:

  • Participación (10 horas de conexión como mínimo).
  • Avaliación continua, mediante realización de exercicios, consultas nos foros etc...
  • Posibilidade dunha proba final.

Temario

1. Introducción (2 horas)

  • Software gráfico libre e software non libre.
  • Obtención e instalación.
  • Tipos de imaxes e usos.
  • Interface gráfica.
  • Interface gráfica e Inkscape.
  • Obtención de recursos gráficos legais.

2. Deseño Vectorial básico (6 horas)

  • Manexo básico de obxectos.
  • Formas, propiedades e transformacións.
  • Orden Z e capas.
  • Textos e caligrafía.
  • Recheos, gradientes e trazos.
  • Copiar, duplicar e clonar.

3. Nodos e trazos (6 horas)

  • Transformacións a trazos.
  • Operacións booleanas.
  • Manexo de nodos.
  • Vectorización.

4. Infografías (3 horas)

  • Significado e busca de información.
  • Composición e proporción estética.
  • Trucos e consellos para un ilustrador.
  • Exemplos e traballos completos.

5. Efectos e filtros adicionais (3 horas)

  • Filtros.
  • Extensións.
  • Pixart.
  • Interpolación.
  • Máis efectos artísticos.
Scroll to Top